Internet. Os números enteiros. Estrutura da Terra

Visto: 0 veces
2014-09-26

Unidade didáctica 3 para o módulo 1 do ámbito científico-tecnolóxico da Educación Secundaria de Adultos, na modalidade de educación a distancia semipresencial. Elaborada en eXeLearning.
Esta unidade ten contidos relacionados con internet e o seu uso, os números naturais (representación e operacións) e o estudo da estrutura de Terra.

España en democracia

Visto: 0 veces
2014-04-08

Unidade didáctica para o módulo 4 do ámbito social da Educación Secundaria de Adultos, na modalidade de educación a distancia semipresencial. Elaborada en eXeLearning.
Esta unidade está estruturada en dúas partes:
A primeira inclúe conceptos básicos de política e unha análise sinxela dos alicerces do sistema democrático. 
A segunda céntrase na historia máis recente de España e de Galicia. Abrangue dende a fin da ditadura franquista, en 1975, ata a actualidade, o período máis esperanzador e atraente da nosa historia contemporánea.

A fin do segundo milenio e os comezos do terceiro

Visto: 0 veces
2014-04-08

Unidade didáctica para o módulo 4 do ámbito social da Educación Secundaria de Adultos, na modalidade de educación a distancia semipresencial. Elaborada en eXeLearning.
Esta unidade abrangue un período de pouco máis de sesenta anos, desde o remate da II Guerra Mundial ata a actualidade.
O profundo enfrontamento ideolóxico entre os Estados Unidos e a Unión Soviética, o afundimento do sistema comunista soviético, a unidade europea, a descolonización e o capitalismo son algúns dos temas desta unidade.

As grandes tensións internacionais (1890 - 1945)

Visto: 0 veces
2014-04-08

Unidade didáctica para o módulo 4 do ámbito social da Educación Secundaria de Adultos, na modalidade de educación a distancia semipresencial. Elaborada en eXeLearning.

Esta unidade, denominada A época das grandes tensións internacionais (1890-1945), comprende pouco máis de medio século. É un período breve, pero o máis intenso e, con certeza, o máis tráxico da historia da humanidade.

Os aspectos da historia de España tratados aquí abranguen desde os comezos do século XX ata a fin do período franquista, en 1975.