Materiais LIM en galego para a iniciación da lectoescritura: conciencia fonolóxica 2

Visto: 0 veces
2020-11-26

Unidade 2 de 5 con actividades para a iniciación á lectoescritura en galego. 

Temos aquí un conxunto de actividades que traballan a conciencia fonolóxica nas sílabas trabadas en posición final de palabra, xa que resultan máis doadas que en posición medial. Todas as palabras están enfrontadas a outras das que só se diferencian pola consoante final, o que obriga a fixarse fonoloxicamente nese fonema consonántico.

Somos escritores por primeira vez

Visto: 0 veces
2017-12-13

Con este REA pretendemos que os alumnos sexan conscientes dos pasos do proceso de escritura creativa dun texto.

O seu obxectivo fundamental é contribuír ao coñecemento e utilización da lingua para desenvolver hábitos de lectura e escritura no alumnado, así como axudar a comprender a literatura como un xeito de expresión artística a través da cal transmitir valores, emocións e sentimentos.

Traballo de investigación: Xosé Filgueira Valverde

Visto: 0 veces
2015-05-26

O presente taballo ten a finalidade de interpretar e reinterpretar a vida, obra e contexto do autor X. Filgueira Valverde, investigando sobre a práctica no traballo de aula e fuxindo de academicismos e vinculacións estritamente curriculares que dificilmente teñen impacto na aula. Inclúe propostas para infantil e toda a primaria.