Saltar navegación

5.3. Diario de aprendizaxe

Diario de aprendizaxe

Imaxe do diario de aprendizaxe no proxecto cREAgal. Amosa un lapis e un caderno co logotipo do proxecto na tapa

Chegamos ao final!

Antes de despedirnos, volve a vista atrás e pensa como era o noso carballo e a escultura ao principio. Comprendes a importancia de coidar o noso entorno? No futuro, grazas a esta reflexión, poderás adaptarte mellor a outras situacións de aprendizaxe diferentes. 

Pois ben, agora toca facer as últimas reflexións na fase 5 do teu diario de aprendizaxe, onde terás que encher as cuestións da avaliación do proxecto e facer propostas de mellora ao mesmo.

Accede aquí ao teu diario de aprendizaxe.

Lectura facilitada

Chegamos ao final!

Antes de despedirnos volve a vista atrás.

Pensa como era o noso carballo e a escultura ao principio.

Comprendes a importancia de coidar o noso entorno?

No futuro poderás adaptarte mellor a outras situacións de aprendizaxe diferentes. 

Agora toca facer as últimas reflexións na fase 5 do teu diario de aprendizaxe.

Terás que encher as cuestións da avaliación do proxecto.

Terás que facer propostas de mellora ao proxecto.

Accede ao teu diario de aprendizaxe.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)