Saltar navegación

3.2. Deforestación

 

Glosario

Erosión

O vento arrasa pedras.

Definición:

Desgaste da superficie terrestre producido pola acción do vento e da auga.

Exemplo:

O mar actúa como un axente de erosión nas costas galegas.

Fértil

Unha planta crece unha vez que se colocaron as sementes.

Definición:

Produtivo.

Exemplo:

Da terra fértil obtéñense moitos froitos.

Hidroloxía

Auga saíndo dunha billa aberta.

Definición:

Ciencia que estuda as propiedades da auga.

Exemplo:

A hidroloxía do río indicou que o caudal variaba no outono.

Monocultivo

Dúas persoas cultivando a terra.

Definición:

Sistema de produción que unicamente cultiva unha soa especie vexetal.

Exemplo:

Na serra dedícanse ao monocultivo de millo.

A deforestación

Carballo Ventureiro quedou só na fraga debido a un incendio, o seu hábitat viuse afectado degradándose o solo e dificultando a súa supervivencia. A eliminación das árbores e da vexetación dun terreo coñécese como deforestación e é outro dos principais problemas medioambientais. Cada ano pérdese no mundo unha superficie de bosque similar ao tamaño de Portugal!

Isto trae graves consecuencias ambientais, xa que as árbores non só serven para darnos froitos e sombra os días de verán, senón que tamén son o pulmón do noso planeta. Algunhas destas consecuencias son:

  • Cambio climático: as árbores absorben e reducen os gases causantes do efecto invernadoiro e do quecemento global (CO2).
  • Perda de biodiversidade: son o fogar de moitos seres vivos.
  • Erosión do solo: as súas raíces axudan a evitar que a terra fértil sexa arrastrada polo vento e a auga. Sen elas, o terreo convértese nun deserto.
  • Impacto na hidroloxía: a perda de árbores e os monocultivos alteran os ciclos da auga e aumentan o risco de inundacións.

Observa as seguintes imaxes sobre as causas da deforestación e intenta explicalas.

Se queres escoitar este contido, preme no reprodutor:

{"typeGame":"FlipCards","author":"","randomCards":true,"instructions":"

Carballo Ventureiro quedou só na fraga debido a un incendio, o seu hábitat viuse afectado degradándose o solo e dificultando a súa supervivencia. A eliminación das árbores e da vexetación dun terreo coñécese como deforestación e é outro dos principais problemas medioambientais. Cada ano pérdese no mundo unha superficie de bosque similar ao tamaño de Portugal!

\n

Isto trae graves consecuencias ambientais, xa que as árbores non só serven para darnos froitos e sombra os días de verán, senón que tamén son o pulmón do noso planeta. Algunhas destas consecuencias son:

\n
    \n
  • Cambio climático: as árbores absorben e reducen os gases causantes do efecto invernadoiro e do quecemento global (CO2).
  • \n
  • Perda de biodiversidade: son o fogar de moitos seres vivos.
  • \n
  • Erosión do solo: as súas raíces axudan a evitar que a terra fértil sexa arrastrada polo vento e a auga. Sen elas, o terreo convértese nun deserto.
  • \n
  • Impacto na hidroloxía: a perda de árbores e os monocultivos alteran os ciclos da auga e aumentan o risco de inundacións.
  • \n
\n

Observa as seguintes imaxes sobre as causas da deforestación e intenta explicalas.

\n
\n
\n
\n

Se queres escoitar este contido, preme no reprodutor:

\n
\n\n
\n
","showMinimize":false,"itinerary":{"showClue":false,"clueGame":"","percentageClue":40,"showCodeAccess":false,"codeAccess":"","messageCodeAccess":""},"cardsGame":[{"url":"resources/1280px-Incendio_forestal_en_Puente_Sampayo_(28287252833).jpg","x":0,"y":0,"author":"","alt":"","audio":"","color":"#000000","backcolor":"#ffffff","eText":"","urlBk":"","xBk":0,"yBk":0,"authorBk":"","altBk":"","audioBk":"","colorBk":"#000000","backcolorBk":"#ffffff","eTextBk":"Incendio%20forestal"},{"url":"resources/Cebolas_Santiso,_Santiso,_Coruna.jpg","x":0,"y":0,"author":"","alt":"","audio":"","color":"#000000","backcolor":"#ffffff","eText":"","urlBk":"","xBk":0,"yBk":0,"authorBk":"","altBk":"","audioBk":"","colorBk":"#000000","backcolorBk":"#ffffff","eTextBk":"Agricultura%20intensiva"},{"url":"resources/Ganaderia_Silva_Barros_SC.jpg","x":0,"y":0,"author":"","alt":"","audio":"","color":"#000000","backcolor":"#ffffff","eText":"","urlBk":"","xBk":0,"yBk":0,"authorBk":"","altBk":"","audioBk":"","colorBk":"#000000","backcolorBk":"#ffffff","eTextBk":"Gandar%C3%ADa"},{"url":"resources/I-69_Construction_Indiana_-_53263119036.jpg","x":0,"y":0,"author":"","alt":"","audio":"","color":"#000000","backcolor":"#ffffff","eText":"","urlBk":"","xBk":0,"yBk":0,"authorBk":"","altBk":"","audioBk":"","colorBk":"#000000","backcolorBk":"#ffffff","eTextBk":"Urbanizaci%C3%B3n"},{"url":"resources/Industria_madereira.jpg","x":0,"y":0,"author":"","alt":"","audio":"","color":"#000000","backcolor":"#ffffff","eText":"","urlBk":"","xBk":0,"yBk":0,"authorBk":"","altBk":"","audioBk":"","colorBk":"#000000","backcolorBk":"#ffffff","eTextBk":"Industria%20madeireira"},{"url":"resources/Plantacion_de_eucalipto,_O_Outeiro.jpg","x":0,"y":0,"author":"","alt":"","audio":"","color":"#000000","backcolor":"#ffffff","eText":"","urlBk":"","xBk":0,"yBk":0,"authorBk":"","altBk":"","audioBk":"","colorBk":"#000000","backcolorBk":"#ffffff","eTextBk":"Especies%20invasoras"},{"url":"resources/abandono_do_rural.jpg","x":0,"y":0,"author":"","alt":"","audio":"","color":"#000000","backcolor":"#ffffff","eText":"","urlBk":"","xBk":0,"yBk":0,"authorBk":"","altBk":"","audioBk":"","colorBk":"#000000","backcolorBk":"#ffffff","eTextBk":"Abandono%20do%20rural"}],"isScorm":0,"textButtonScorm":"Gardar a puntuación","repeatActivity":false,"textAfter":"","version":1.3,"percentajeCards":100,"type":1,"showSolution":true,"timeShowSolution":3,"time":3,"evaluation":false,"evaluationID":"","id":"202633193737-120","msgs":{"msgSubmit":"Enviar","msgClue":"Xenial! A pista é:","msgCodeAccess":"Código de acceso","msgPlayAgain":"Xogar outra vez","msgPlayStart":"Preme aquí para xogar","msgScore":"Puntuación","msgErrors":"Erros","msgHits":"Acertos","msgMinimize":"Minimizar","msgMaximize":"Maximizar","msgCool":"Xenial!","msgFullScreen":"Pantalla Completa","msgExitFullScreen":"Saír de pantalla completa","msgSuccesses":"Correcto! | Excelente! | Xenial! | Moi ben! | Perfecto!","msgFailures":"Non era iso! | Incorrecto! | Non é correcto! | Sentímolo! | Erro!","msgNoImage":"Pregunta sen imaxes","msgEndGameScore":"Antes de gardar a puntuación comeza a partida.","msgScoreScorm":"A puntuación non se pode gardar porque esta páxina non forma parte dun paquete SCORM.","msgOnlySaveScore":"Só se pode gardar a puntuación unha vez!","msgOnlySave":"Só se pode gardar unha vez","msgInformation":"Información","msgYouScore":"A puntuación","msgAuthor":"Autoría","msgOnlySaveAuto":"A puntuación gardarase despois de cada pregunta. Só se pode xogar unha vez.","msgSaveAuto":"A puntuación gardarase automaticamente despois de cada pregunta.","msgSeveralScore":"Podes gardar a puntuación tantas veces como se queira","msgYouLastScore":"A última puntuación gardada é","msgActityComply":"Xa realizaches esta actividade.","msgPlaySeveralTimes":"Podes realizar esta actividade tantas veces como se queira","msgClose":"Pechar","msgAudio":"Audio","msgPreviousCard":"Anterior","msgNextCard":"Seguinte","msgNumQuestions":"Número de cartas","msgTrue":"Verdadeiro","msgFalse":"Falso","msgTryAgain":"Necesitas polo menos un %s% de respostas correctas para conseguir a información. Volve tentalo.","mgsAllQuestions":"Preguntas completadas!","msgTrue1":"Correcto. Esa é a carta.","msgTrue2":"Incorrecto. Esa non é a carta.","msgFalse1":"Correcto. Esa non é a carta.","msgFalse2":"Incorrecto. Esa é a carta.","mgsClickCard":"Preme na carta","msgEndTime":"Rematou o tempo do xogo. A túa puntuación é de %s.","msgEnd":"Finalizar","msgEndGameM":"Remataches o xogo. A túa puntuación é %s.","msgUncompletedActivity":"Actividade non completada","msgSuccessfulActivity":"Actividade superada. Puntuación: %s","msgUnsuccessfulActivity":"Actividade non superada. Puntuación: %s","msgTypeGame":"Cartas de memoria"}}
0123456
O navegador non é compatible con esta ferramenta.

Galicia, quérote verde

Observa esta campaña da Xunta de Galicia e pensa de que xeito podes contribuír ti a evitar esta deforestación:

Axudándote destas páxinas de asociacións e organizacións medioambientais locais, nacionais e internacionais, busca información e escribe no teu caderno cinco medidas para previr a deforestación na nosa comunidade autónoma.

  • Verdegaia: voluntariado que traballa para eliminar as especies invasoras e restaurar o bosque nativo.
  • ARBA: asociación para a recuperación do bosque autóctono.
  • Greenpeace: organización ecoloxista internacional que emprega a protesta pacífica para expoñer os problemas ambientais globais e promover solucións para un futuro verde.

Selo FSC e PEFC

Coñeces o que é o selo FSC ou PEFC?

Son selos de garantía que serven para certificar que un produto foi elaborado con madeira ou papel procedente de bosques sostibles. Indícanche que esa árbore non se cortou de forma ilegal nin pertence a un espazo protexido. Garantindo así que o bosque se rexenere. 

Estes selos permiten protexer o monte de xeito que siga vivo dentro de 50 anos. Le máis sobre cada un deles e logo busca na túa casa obxectos onde aparezan estes logotipos.

FSC (Forest Stewardship Council)

Logo selo FSC. Unha árbore e as letras FSC debaixo

É un selo que garante que se respectan os dereitos dos traballadores e dos pobos indíxenas, e que non se destrúe a biodiversidade do bosque cando se tala a madeira. Foi creado por ONG como Greenpeace. Recoñécese por unha árbore ligada a unha silueta de "check" (✓) xunto coas letras FSC.

Moitas industrias galegas contan con esta certificación, o que asegura que a súa madeira provén de fontes responsables.

Podes atopar este selo en calquera produto que proceda do bosque: papel hixiénico, cadernos, mobles, embalaxes, mel, plantas aromáticas...

Coñece máis sobre o selo FSC neste enlace: FSC España.

PEFC (Program for the Endorsement of Forest Certification) 

Logo selo PEFC. Dúas arbores con copas de diferente forma cun círculo verde arredor e as letras PEFC debaixo.

É o sistema de certificación forestal máis estendido en Galicia e en Europa. Asegura que a explotación do bosque cumpre coas leis, gardando un equilibrio que permite mantelo saudable a longo prazo. Recoñécese con dúas árbores verdes dentro dun círculo xunto coas siglas PEFC.

Gran parte dos montes públicos da nosa comunidade contan con esta certificación.

Podes atopar este selo en calquera produto que proceda do bosque: panos de mesa e papel de cociña, paquetes de folios, láminas de madeira de tarima etc.

Coñece máis sobre o selo PEFC neste enlace: PEFC España.

O bosque animado

Coñeces a película O bosque animado?

É un filme de animación baseado na novela do escritor Wenceslao Fernández Flórez. Está ambientado na máxica fraga galega de Cecebre. A trama conta como os habitantes ven alterada a súa paz cando instalan nela unha árbore sen follas, que na realidade era un poste de teléfono.

Despois de ver a curta, reflexiona sobre ela respondendo as seguintes preguntas no caderno. Posteriormente, realiza o debate proposto.

Preguntas

  • Que é unha fraga?
  • Por que cres que os humanos din que o bosque parece estar animado?
  • Que accións humanas fan perigar a fraga?
  • Pensas que son incompatibles o progreso e a conservación da paisaxe?
  • Que significa a frase de Fernández Flórez "nunha fraga o home resulta apenas un detalle do que se pode prescindir"?
  • A que lugares do rural galego che recorda a paisaxe da película?
  • Que che transmite a frase coa que a toupa e o carballo se saúdan "que o home te ignore amigo"?
  • Que opinas do comportamento do poste de teléfono?
  • Que nos ensina a película?

Debate

Proposta de debate: Un mesmo espazo, diferentes perspectivas. 

Cada un de vós representará un rol (ecoloxistas, construtores, animais do bosque, veciñas etc.) relacionado cos cambios que se queren facer nun bosque para construír un campo de golf.

O mestre ou mestra repartirá o rol que deberedes defender sobre urbanizar ou non este espazo natural. É importante que escoitedes as achegas dos e das demais para poder incorporalas aos vosos discursos. 

Ao rematar, compartide en gran grupo as vosas sensacións e opinións.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)