Saltar navegación

4.2. Dando forma ás probas

Ver para crer

Rematastes a investigación e resolvestes o caso con éxito? Parabéns!

Agora, non esquezades protexer correctamente o voso informe forense.

Tamén é o momento de facer un resumo visual do proceso que seguistes, coas conclusións máis salientables. Este resumo será moi útil no Congreso de Ciberseguridade da seguinte fase.

Podedes escoller un dos seguintes formatos... Cal preferides?

Infografía

Imaxe dunha infografía sobre hardware, software e ciberseguridade

Mapa conceptual

Esquema no que se indican os sistemas operativos e as súas principais características.

Esquema visual

Imaxe na que se amosan os diferentes pasos para o arranque do sistema operativo

Outro

Podedes empregar calquera outro formato visual que se vos ocorra para ilustrar a resolución do voso caso no Congreso de Ciberseguridade.


Lectura facilitada

Resolvestes o caso con éxito?

Parabéns!

Agora, non esquezades protexer correctamente o voso informe forense.

Logo, transformade o informe nun formato visual.

Isto será útil para o congreso que vos espera na seguinte fase

Podedes escoller un dos seguintes formatos.

Cal preferides?

Infografía

Imaxe dunha infografía sobre hardware, software e ciberseguridade

Mapa conceptual

Esquema no que se indican os sistemas operativos e as súas principais características.

Esquema visual

Imaxe na que se amosan os diferentes pasos para o arranque do sistema operativo

Outro

Podedes empregar calquera outro formato visual que se vos ocorra para ilustrar a resolución do voso caso no Congreso de Ciberseguridade.


Momento de reflexión

Imaxe do diario de aprendizaxe no proxecto cREAgal. Amosa un lapis e un caderno co logotipo do proxecto na tapa


Parabéns! Superaches o reto de solucionar un caso de ciberseguridade no teu centro educativo. É o momento de reflexionar sobre o que aprendiches no apartado correspondente ao bloque 4 do teu diario de aprendizaxe:

  • Pensas que ter un historial de resolución de problemas pode axudar a reducilos e previlos ou dependerá do tipo de problema? 
  • Pensas que os problemas de seguridade pódense previr mellor que os técnicos ou é indistinto? Explica a túa resposta.
  • Que impacto terá resolución do reto nos teus hábitos e medidas preventivas ante posibles ameazas na rede?

Diario común: fai unha posta en común das túas reflexións co resto do equipo co que traballaches. Chegastes a conclusións similares?

Lectura facilitada

Parabéns!

Solucionaches un caso de ciberseguridade no teu centro educativo.

É o momento de reflexionar sobre o que aprendiches.

Vai ao apartado correspondente ao bloque 4 do teu diario de aprendizaxe:

  • Pensas que ter un historial de resolución de problemas pode axudar a reducilos e previlos ou dependerá do tipo de problema? 
  • Pensas que os problemas de seguridade pódense previr mellor que os técnicos ou é indistinto? Explica a túa resposta.
  • Que impacto terá resolución do reto nos teus hábitos e medidas preventivas ante posibles ameazas na rede?

Diario común: fai unha posta en común das túas reflexións co resto do equipo.

Chegastes a conclusións similares?

Feito con eXeLearning (Nova xanela)