Saltar navegación

2.2. Enlazando problemas con solucións

Dominó de problemas informáticos

Na sección anterior xa viches que un sistema informático funciona grazas á interacción entre hardware e software, e que os fallos poden ter diferentes orixes.

Na análise forense real non abonda con coñecer os conceptos por separado. O verdadeiro reto está en relacionar correctamente os síntomas coas súas posibles causas e, sobre todo, en diferenciar cando un problema é simplemente técnico ou cando hai unha intención maliciosa detrás.

Duración: 20 minutos Agrupamento: gran grupo

Debuxo que mostra catro fichas de dominó Sabedes xogar ao dominó? Seguro que si. É un xogo moi coñecido e sinxelo no que hai que unir as fichas que teñen os mesmos números nos extremos. 

Nesta actividade ides empregar un dominó especial para repasar, dunha forma divertida, o que xa sabedes sobre hardware, software e seguridade informática. Podedes descargalo aquí.

Seredes quen de colocar todas as fichas correctamente? 

Obxectivo do xogo

A figura mostra unha diana que representa os obxectivos para conseguir con este xogoDesfacerse das fichas no menor número de quendas posibles.

Repasar contidos sobre hardware, software e seguridade informática.

Aprender a identificar problemas tecnolóxicos cotiáns.

Gañar autonomía na resolución de pequenos problemas informáticos.

Fichas

O debuxo mostra unha ficha de dominó de problemas informáticosCada ficha ten dúas partes: 

  • Nunha delas aparece un problema informático, por exemplo: "O computador non acende".
  • Na outra aparece a solución a outro problema diferente, por exemplo: "Liberar espazo en disco".

As fichas están deseñadas para que poidades relacionar correctamente cada problema coa súa solución.

Instrucións

O debuxo mostra un grupo de persoas nunha mesa xogando colaborativamenteFormaredes grupos de catro persoas para xogar individualmente ou en dúas parellas.

Repartiredes as fichas entre os xogadores ou equipos, deixando unha ficha no centro da mesa.

Por quendas, cada persoa ou parella deberá ler en voz alta o problema ou a solución da súa ficha.

Para poder colocala, deberá explicar por que a solución encaixa correctamente co problema.

Se a relación é correcta, a ficha colócase. Senón, pasa a quenda ao seguinte equipo.

Regras

O debuxo mostra unha folio cunha serie de regras ou instrucións de xogoSó se pode colocar unha ficha se o problema e a solución coinciden correctamente.

É obrigatorio xustificar a resposta antes de colocar a ficha.

Se un equipo se equivoca, a ficha volve á súa man e perde a súa quenda.

Respectaranse as quendas e o tempo de intervención.

Gaña quen coloque máis fichas correctamente ou quen quede sen fichas primeiro (segundo modalidade elixida).

Fin do xogo

O debuxo mostra unha persoa levantando a man en facendo sinal de rematarO xogo termina cando unha persoa ou parella queda sen fichas, ou xa non é posible colocar máis fichas correctamente. 

Ao finalizar, faredes unha pequena reflexión conxunta para comentar que problemas resultaron máis difíciles e que aprendestes.

Lectura facilitada

Duración: 20  minutos Agrupamento: gran grupo

Sabedes xogar ao dominó?

É un xogo sinxelo no que hai que unir fichas con números iguais.

Nesta actividade imos xogar a un dominó especial.

Servirá para repasar:

  • hardware
  • software
  • seguridade informática

Podedes descargalo aquí.

Seredes quen de colocar todas as fichas correctamente? 

Obxectivo do xogo

Quedar sen fichas o máis rápido posible.

Repasar informática de forma divertida.

Aprender a resolver problemas do ordenador.

Ser máis autónomos usando a tecnoloxía.

Fichas

O debuxo mostra unha ficha de dominó de problemas informáticosCada ficha ten dúas partes: 

  • Un problema informático. Exemplo: “O ordenador non acende”
  • Unha solución doutro problema. Exemplo: “Liberar espazo no disco”

Hai que unir problemas coa súa solución correcta.

    Instrucións

    • Formaredes grupos de 4 persoas.
    • Podedes xogar individualmente ou por parellas.
    • Repartides as fichas.
    • Unha ficha queda no centro da mesa.


    Por quendas:

    • Cada persoa le a súa ficha en voz alta.
    • Ten que explicar por que a solución é correcta.
    • Se é correcta, pon a ficha na mesa.
    • Se non é correcta, perde a quenda.

    Regras

    Só se colocan fichas se a resposta é correcta.

    Hai que explicar sempre a resposta.

    Se te equivocas, recuperas a ficha e perdes a quenda.

    Hai que respectar as quendas.

    Gaña quen coloque máis fichas correctamente ou quen quede sen fichas primeiro (segundo modalidade elixida).

    Fin do xogo

    O xogo remata cando:

    alguén queda sen fichas, ou xa non se poden colocar máis fichas.

    Ao finalizar, faredes unha pequena reflexión conxunta para comentar que problemas resultaron máis difíciles e que aprendestes.

    Feito con eXeLearning (Nova xanela)