Saltar navegación

3.2. Análise de sistemas. Software

Software

2

Así como a túa mente che permíte pensar, soñar e lembrar; o software permítelle ao computador operar, executar programas, procesar información e realizar todas as súas funcións. Por iso, en moitos libros, definen software como a “parte lóxica” do sistema.

O software clasifícase en tres grandes grupos: software de sistema, de aplicación e de desenvolvemento. Explora as súas características no seguinte esquema interactivo.

{"typeGame":"Mapa","instructions":"","showMinimize":false,"showActiveAreas":false,"author":"","url":"resources/Softwaremap1.png","authorImage":"","altImage":"","itinerary":{"showClue":false,"clueGame":"","percentageClue":40,"showCodeAccess":false,"codeAccess":"","messageCodeAccess":""},"points":[{"id":"p1380990645935","title":"Sistema operativo","type":2,"url":"","video":"","x":0.9583911234396671,"y":0.13533982952821602,"x1":0,"y1":0,"footer":"","author":"","alt":"","iVideo":0,"fVideo":0,"eText":"","iconType":83,"question":"","question_audio":"","toolTip":"","link":"","color":"#000000","fontSize":"14","map":{"id":"a1380990645935","pts":[{"id":"p1145670052464","title":"","type":0,"url":"","video":"","x":0,"y":0,"x1":0,"y1":0,"footer":"","author":"","alt":"","iVideo":0,"fVideo":0,"eText":"","iconType":0,"question":"","question_audio":"","toolTip":"","link":"","color":"#000000","fontSize":"14","map":{"id":"a1145670052464","url":"","alt":"","author":"","pts":[]},"slides":[{"id":"s1145670052464","title":"","url":"","author":"","alt":"","footer":""}],"activeSlide":0}],"url":"","alt":"","author":"","active":0},"slides":[{"id":"s1380990645935","title":"","url":"","author":"","alt":"","footer":""}],"activeSlide":0,"audio":""},{"id":"p1144613125531","title":"Aplicacións","type":2,"url":"","video":"","x":0.5742024965325936,"y":0.9275728096082373,"x1":0,"y1":0,"footer":"","author":"","alt":"","iVideo":0,"fVideo":0,"eText":"","iconType":83,"question":"","question_audio":"","toolTip":"","link":"","color":"#000000","fontSize":"14","map":{"id":"a1144613125531","pts":[{"id":"p98315826009","title":"","type":0,"url":"","video":"","x":0,"y":0,"x1":0,"y1":0,"footer":"","author":"","alt":"","iVideo":0,"fVideo":0,"eText":"","iconType":0,"question":"","question_audio":"","toolTip":"","link":"","color":"#000000","fontSize":"14","map":{"id":"a98315826009","url":"","alt":"","author":"","pts":[]},"slides":[{"id":"s98315826009","title":"","url":"","author":"","alt":"","footer":""}],"activeSlide":0}],"url":"","alt":"","author":"","active":0},"slides":[{"id":"s1144613125531","title":"","url":"","author":"","alt":"","footer":""}],"activeSlide":0,"audio":""},{"id":"p1282322235665","title":"Software de desenvolvemento","type":2,"url":"","video":"","x":0.14979195561719832,"y":0.38388348921988774,"x1":0,"y1":0,"footer":"","author":"","alt":"","iVideo":0,"fVideo":0,"eText":"","iconType":83,"question":"","question_audio":"","toolTip":"","link":"","color":"#000000","fontSize":"14","map":{"id":"a1282322235665","pts":[{"id":"p1260694127671","title":"","type":0,"url":"","video":"","x":0,"y":0,"x1":0,"y1":0,"footer":"","author":"","alt":"","iVideo":0,"fVideo":0,"eText":"","iconType":0,"question":"","question_audio":"","toolTip":"","link":"","color":"#000000","fontSize":"14","map":{"id":"a1260694127671","url":"","alt":"","author":"","pts":[]},"slides":[{"id":"s1260694127671","title":"","url":"","author":"","alt":"","footer":""}],"activeSlide":0}],"url":"","alt":"","author":"","active":0},"slides":[{"id":"s1282322235665","title":"","url":"","author":"","alt":"","footer":""}],"activeSlide":0,"audio":""}],"isScorm":0,"textButtonScorm":"Gardar a puntuación","repeatActivity":false,"textAfter":"","evaluation":0,"selectsGame":[{"typeSelect":0,"numberOptions":4,"quextion":"","options":["","","",""],"solution":"","solutionWord":"","percentageShow":35,"msgError":"","msgHit":""}],"isNavigable":true,"showSolution":true,"timeShowSolution":3,"version":2,"percentajeIdentify":100,"percentajeShowQ":100,"percentajeQuestions":100,"autoShow":false,"autoAudio":true,"optionsNumber":0,"evaluationF":false,"evaluationIDF":"","id":"2026314222526-60","order":"","msgs":{"msgSubmit":"Enviar","msgIndicateWord":"Proporcione una palabra o expresión","msgClue":"¡Genial! La pista es:","msgErrors":"Errores","msgHits":"Aciertos","msgScore":"Puntuación","msgMinimize":"Minimizar","msgMaximize":"Maximizar","msgFullScreen":"Pantalla Completa","msgNoImage":"Pregunta sin imágenes","msgSuccesses":"¡Correcto! | ¡Excelente! | ¡Genial! | ¡Muy bien! | ¡Perfecto!","msgFailures":"¡No era eso! | ¡Incorrecto! | ¡No es correcto! | ¡Lo sentimos! | ¡Error!","msgTryAgain":"Necesita al menos un %s% de respuestas correctas para conseguir la información. Vuelva a intentarlo.","msgEndGameScore":"Antes de guardar la puntuación comience la partida.","msgScoreScorm":"La puntuación no se puede guardar porque esta página no forma parte de un paquete SCORM.","msgPoint":"Punto","msgAnswer":"Responder","msgOnlySaveScore":"¡Sólo puede guardar la puntuación una vez!","msgOnlySave":"Sólo puede guardar una vez","msgInformation":"Información","msgYouScore":"Su puntuación","msgOnlySaveAuto":"Su puntuación se guardará después de cada pregunta. Sólo puede jugar una vez.","msgSaveAuto":"Su puntuación se guardará automáticamente después de cada pregunta.","msgSeveralScore":"Puede guardar la puntuación tantas veces como quiera","msgYouLastScore":"La última puntuación guardada es","msgActityComply":"Ya ha realizado esta actividad.","msgPlaySeveralTimes":"Puede realizar esta actividad cuantas veces quiera","msgClose":"Cerrar","msgPoints":"puntos","msgPointsA":"Puntos","msgQuestions":"Preguntas","msgAudio":"Audio","msgAccept":"Aceptar","msgYes":"Sí","msgNo":"No","msgShowAreas":"Mostrar áreas activas","msgShowTest":"Mostrar cuestionario","msgGoActivity":"Pulsa aquí para realizar esta actividad","msgSelectAnswers":"Selecciona las opciones correctas y pulsa sobre el botón 'Responder'.","msgCheksOptions":"Marca todas las opciones en el orden adecuado y pulsa sobre el botón 'Responder'.","msgWriteAnswer":"Escribe la palabra o expresión correcta y pulsa en el botón 'Responder'.","msgIdentify":"Identifica","msgSearch":"Buscar","msgClickOn":"Pulsa sobre","msgReviewContents":"Debes repasar el %s% de los contenidos de la actividad antes de completar el cuestionario.","msgScore10":"¡Todo perfecto! ¡Enhorabuena! ¿Deseas repetir esta actividad?","msgScore4":"No has superado esta prueba. Repasa sus contenidos e inténtalo de nuevo. ¿Deseas repetir la actividad?","msgScore6":"¡Estupendo! Has superado la prueba, pero seguro que lo puedes mejorar. ¿Deseas repetir esta actividad?","msgScore8":"¡Casi perfecto! Aún lo puedes hacer mejor. ¿Deseas repetir esta actividad?","msgNotCorrect":"¡No es correcto! Has pulsado sobre","msgNotCorrect1":"¡No es correcto! Has pulsado sobre","msgNotCorrect2":"y la respuesta correcta es","msgNotCorrect3":"¡Prueba otra vez!","msgAllVisited":"¡Genial! Has visitado los puntos necesarios.","msgCompleteTest":"Puedes completar el cuestionario.","msgPlayStart":"Pulse aquí para empezar","msgSubtitles":"Subtítulos","msgSelectSubtitles":"Selecciona un archivo de subtítulos. Formatos válidos:","msgNumQuestions":"Número de preguntas","msgHome":"Inicio","msgReturn":"Volver","msgCheck":"Comprobar","msgUncompletedActivity":"Actividad no completada","msgSuccessfulActivity":"Actividad superada. Puntuación: %s","msgUnsuccessfulActivity":"Actividad no superada. Puntuación: %s","msgTypeGame":"Mapa"}}

Monitor con cartafoles dun Sistema Operativo



O sistema operativo é o software principal que controla o funcionamento dun ordenador e permite que os demais programas se executen correctamente. Os máis coñecidos e comúns no voso entorno son Linux, Windows, Android e iOS



Cada sistema operativo está deseñado para adaptarse aos recursos do dispositivo no que funciona. Non é o mesmo un sistema operativo pensado para teléfonos móbiles, como Android; que un destinado a ordenadores persoais, como Linux; xa que as necesidades de hardware, consumo de enerxía e tipo de uso son diferentes.

Monitor cun programa aberto



Os programas de aplicación son o software que utiliza directamente a persoa usuaria para realizar tarefas concretas nun ordenador ou dispositivo. A diferenza do sistema operativo, que se encarga de controlar o funcionamento do equipo, os programas de aplicación están deseñados para resolver necesidades específicas, como escribir documentos, navegar por internet, editar imaxes ou reproducir música.

Icona dun monitor con código



O software de desenvolvemento son os contornos e as linguaxes de programación, os conxuntos de regras e símbolos que permiten ás persoas escribir instrucións que o ordenador pode entender e executar. Son a ferramenta que usamos para “falar” co ordenador e dicirlle exactamente que facer.

Cada tipo de software pode xerar diferentes incidencias ou problemas no uso do ordenador. Por exemplo, un sistema operativo pode provocar bloqueos ou problemas ao iniciar o equipo, as aplicacións poden pecharse de forma inesperada ou non abrir determinados ficheiros e os programas de programación poden mostrar erros no código ou fallos ao executar unha aplicación.

Coñecer estes tipos de software axuda a identificar mellor a orixe dos problemas e buscar posibles solucións no uso cotián das tecnoloxías dixitais.

O navegador non é compatible con esta ferramenta.

Que pasa cando acendes o teu ordenador?

Cando acendes o teu ordenador, actívanse unha serie de pasos automáticos ata que o sistema operativo está listo para usarse. Este proceso coñécese como arranque do sistema ou boot.

Escritorio maqueta Abalar 12

A carga do sistema operativo

Pictograma que mostra o acendido dun ordenador Inicio do hardware

Ao premer o botón de acendido, o ordenador activa os compoñentes básicos do hardware.

O primeiro paso no proceso de arranque de Linux é a activación do BIOS (Basic Input/Output System) ou UEFI (Unified Extensible Firmware Interface), cuxa función é inicializar e preparar o hardware do ordenador antes de cargar o sistema operativo.

O equipo executa un programa almacenado na placa base chamado firmware. Este programa comproba que os compoñentes principais funcionan correctamente, memoria RAM, procesador, teclado, discos, etc. Este proceso coñécese como POST (Power-On Self Test).

Ademais, o BIOS/UEFI identifica o dispositivo de arranque e carga o xestor de arranque en memoria.

Pictograma que mostra unha lupa buscandoLocalización do cargador de arranque

Pantalla do boot de maqueta Abalar 12

Unha vez comprobado o hardware, o firmware busca no dispositivo de almacenamento principal un pequeno programa chamado cargador de arranque (bootloader), que en sistemas Linux adoita ser o GRUB (GRand Unified Bootloader).

Pictograma que mostra unha frecha apuntando cara dentroCarga do núcleo do sistema operativo

Pantalla durante a carga do núcleo do sistema operativo

O cargador de arranque localiza e carga na memoria o núcleo ou kernel do sistema operativo.

O kernel é a parte central do sistema operativo que se encarga de controlar o hardware e xestionar os recursos do sistema. 

O kernel carga a continuación o sistema de arquivos temporal coñecido como initramfs, que contén os controladores necesarios para iniciar o sistema operativo. Este sistema de arquivos permite ao kernel acceder aos dispositivos esenciais e preparar a contorna para montar o sistema de arquivos definitivo.

Pictograma que mostra a xanela dun sistema operativo Inicio dos servizos do sistema

Escritorio da maqueta Abalar 12 lista para usar

Finalmente, o sistema operativo inicia os servizos básicos e a interface de usuario, permitindo que a persoa usuaria poida iniciar sesión e executar programas.

Lectura facilitada

Cando acendes o ordenador, pasan varias cousas automaticamente. 

Todo isto chámase arranque do sistema ou boot.

A carga do sistema operativo

Inicio do hardware

Cando premes o botón, o ordenador comeza a funcionar.

Actívanse as partes básicas:

  • Memoria.
  • Procesador.
  • Teclado.
  • Discos.

Un programa chamado BIOS  ou UEFI comproba que todo funciona ben.

Esta comprobación chámase POST.

Localización do cargador de arranque

Pantalla do boot de maqueta Abalar 12

Despois da comprobación, o ordenador busca un programa para iniciar o sistema. Este programa chámase cargador de arranque.

En moitos ordenadores con Linux, este programa é GRUB.

Carga do núcleo do sistema operativo

Pantalla durante a carga do núcleo do sistema operativo.

O cargador de arranque carga unha parte moi importante: o kernel. O kernel é o “cerebro” do sistema operativo.
Encárgase de controlar o hardware e os recursos.

Tamén carga un sistema temporal chamado initramfs, que axuda a preparar todo para comezar.

Inicio dos servizos do sistema

Escritorio da maqueta Abalar 12 lista para usar

Finalmente, o sistema operativo inicia os servizos básicos. Tamén aparece a pantalla para iniciar sesión.

A partir dese momento, xa podes usar o ordenador.

Apoio visual

Esquema coas fases do arranque do sistema operativo

Acender o cerebro da máquina

Ordena a seguinte secuencia de pasos que segue un ordenador para cargar o sistema operativo. Axúdate do apartado anteriorMan ordenando secuencia de cubos

  • Actívase o BIOS/UEFI ao acender o equipo
  • O firmware executa o POST e comproba o hardware
  • O firmware busca o cargador de arranque no disco
  • O cargador de arranque (GRUB) cárgase na memoria
  • O cargador de arranque selecciona o sistema operativo a iniciar
  • Cárgase o núcleo ("kernel") do sistema operativo
  • O "kernel" carga o sistema de arquivos temporal ("initramfs")
  • O "kernel" toma o control do hardware e dos recursos
  • Inícianse os servizos do sistema e aparece o escritorio
  • O usuario pode iniciar sesión e usar aplicacións

Comprobar

Correcto!

202632920723-120
Actividade non completada#Actividade superada. Puntuación: %s#Actividade non superada. Puntuación: %s#Lista desordenada

A resposta correcta é:

Feito con eXeLearning (Nova xanela)