Saltar navegación

Que imos facer?

👟 Investigamos os nosos pasos coa Micro:bit

Neste proxecto imos converter a nosa Micro:bit nun podómetro, é dicir, un contador de pasos que rexistra o movemento do noso corpo ao camiñar. Aprenderemos como a tecnoloxía pode axudarnos a coidar a nosa saúde e entender mellor a nosa actividade física diaria.

🔍 Imos aprender:

  • Que é un podómetro e como funciona.
  • Como detectar movemento co acelerómetro da Micro:bit.
  • Como programar en Makecode para contar pasos.
  • Como rexistrar e interpretar datos de actividade física.
  • Relacionar o proxecto co ODS 3: Saúde e benestar.

María Souto Lorenzo – Podómetro con Micro:bit CC BY-SA