🔧 Pezas dun podómetro
Estas imaxes amosan as pezas que usamos para montar un podómetro, un aparello que conta os pasos usando a placa Micro:bit.
Verás a estrutura plástica que deseñamos e como se monta paso a paso ata funcionar.
É un deseño sinxelo que permite ancoralo ó nocello ou agarralo nos cordóns do zapato, ocupando o menor espazo posible.
Estas pezas están feitas para imprimir en 3D. Son arquivos STL, que podes descargar e modificar se queres facer cambios antes de imprimilas.