Que é?
A orquestra é a formación instrumental que contén máis instrumentos, organizados por familias instrumentais: corda, vento e percusión. Dependendo da época da Historia, a formación era diferente.
Barroco
A corda era a base da formación, e pouco a pouco incluíron instrumentos de vento (frautas, óboes, fagots, trompas e trompetas) e os timbais na percusión.

Clasicismo
No Clasicismo, a orquestra pasou a ser a 2, é dicir, os instrumentos de vento eran 2 (frautas, óboes, clarinetes, fagots, trompas e trompetas), ademais dos instrumentos de corda. A percusión seguía cos timbais.

Romanticismo
A partir do Romanticismo, grazas a mellora dos instrumentos de vento, a orquestra pasa a 3, e inclúense os trombóns e as tubas. A corda aumenta no número e ademais engádense outros instrumentos como as arpas ou o piano, contrafagots ou clarinete baixo. A percusión ampliou o seu número de integrantes, con timbais, bombo, caixa, gong, etc.

s. XX
No s. XX o vento pasou a ser unha das partes máis fortes da formación xunto coa percusión, na busca deses sons característicos do momento. Chegaron a engadir instrumentos electrónicos para conseguir novos timbres.

