As mestras e os mestres que forman parte deste grupo de peregrinos deciden facer un repaso rápido das normas básicas de seguridade viaria que todos deben coñecer e dalgúns dos sinais que poden atopar. Explícanlles que é necesario saber identificalos para que todos poidamos convivir mellor, non soamente mentres percorren o Camiño de Santiago, senón tamén na súa vida diaria nas aldeas, nas vilas ou nas cidades.
- Pero... nós aínda non imos sacar o carné de conducir. Para que temos que aprender seguridade viaria? - pregunta Uxía.
- Os peóns ou viandantes tamén deben coñecer as normas! - contesta Martiño.
- E os ciclistas! - Engade Xan.