No albergue Uxía fíxase nun folleto de Aloia, a protectora de animais de Tui, e queda atónita pola cantidade de cans e gatos abandonados para os que a protectora busca alguén responsable que os axude.
- Xan, mira estes cans! Como pode unha persoa abandonar a un ser vivo tan bonito e leal?
Unha traballadora do albergue escoita a pregunta de Uxía e non tarda en responder:
- Hai xente moi irresponsable e egoísta, que pensa que as mascotas son xoguetes sen sentimentos. Eu traballo como voluntaria en Aloia e provócame moita mágoa ver as condicións nas que chegan moitos animais á protectora. Espero que esta situación sexa cada vez mellor grazas á lei de benestar animal aprobada no 2023.

