Saltar navegación

2. O patrimonio natural e cultural

 

Antes de comezar o Camiño de Santiago, as mestras e os mestres deciden que, aproveitando que están en Tui, todos deben visitar o Monte Aloia porque forma parte do patrimonio natural de Galicia. 

Sen que os adultos se decaten, un compañeiro pregúntalle a Martiño que é o patrimonio natural, e este decide facer un esquema rápido para que o seu amigo o comprenda mellor. 

- A palabra patrimonio ten distintos significados. Un deles refírese ao conxunto de bens, dunha certa antigüidade, que nos pertence como sociedade.

 

O patrimonio

     De volta no albergue, o compañeiro ten máis dúbidas: 

- Martiño... Aínda non o teño todo claro. Cal é a diferenza entre Parque Natural e Parque Nacional? Se no Monte Aloia atopáronse restos de castros e pezas de cerámica da mesma época, tamén podemos dicir que forma parte do noso patrimonio cultural, non si?

Comentade

Comentade entre toda a clase as dúbidas plantexadas polo compañeiro de Martiño e outras que vos xurdan a vós.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)