Saltar navegación

PRACTICA

Debuxar a escala

Exemplo de debuxo a escala

Que é debuxar a escala?

  • Para pintar un mural comezamos cun deseño en tamaño pequeno.Exemplo de debuxo pequeno con cuadrícula
  • Despois temos que trasladar este deseño a un tamaño moito máis grande.
  • Para que o deseño non se deforme, utilizamos a escala.

Como se debuxa a escala?

  • Para debuxar a escala utilizamos unha cuadrícula.Exemplo de debuxo a escala
  • Primeiro temos que dividir o debuxo orixinal en cadrados iguais.
  • Despois facemos o mesmo número de cadrados pero moito máis grandes no lugar onde imos facer o deseño final.
  • Finalmente, copiamos o debuxo utilizando a cuadrícula como guía.

O teu debuxo a escala

Duración:
50 minutos
Agrupamento:
Individual

Exemplo de debuxo a escala

A tarefa

  • Agora vas a facer un debuxo a escala.
  • Terás que elixir un debuxo, facer a cuadrícula e copialo nun espazo máis grande, utilizando unha cuadrícula maior.
  • Podes facer un deseño propio ou utilizar un xa feito.

Materiais

Pictograma lapis, goma e rotulador Lapis, goma e rotulador para bordear.

Pictograma regra Regra

Pictograma pinturas Pinturas de cera, rotuladores, acuarelas...

Pictograma folio Papel co orixinal e papel máis grande para facer a escala

Pasos a seguir

1. Utiliza a regra para dividir o debuxo en cadrados iguais

Exemplo de cuadrícula

2. Utiliza a regra para dividir o papel onde o vas copiar en cadrados iguais e máis grandes.

Exemplo cuadrícula

3. Copia o debuxo utilizando a cuadrícula como guía.

Exemplo debuxo con guía

4. Non esquezas pasar a tinta o debuxo e borrar o lapis antes de darlle cor.

Debuxo entintado

Feito con eXeLearning (Nova ventá)