UN MURAL PARA O COLE
FACEMOS O DESEÑO
- Traballamos en grupos de 4 persoas.
- En primeiro lugar, eliximos a temática do noso deseño.
- O noso cole é o CEIP Carballal - Cabral e por iso utilizamos follas de carballo.
- Vós podedes utilizar algo que represente ao cole ou que vos guste.
- Unha vez que teñades clara a temática, faredes un bosquexo inicial do voso mural.
- Para o bosquexo utilizade só lapis. Despois podedes repasalo en rotulador negro para que sexa máis visible.
DEBUXAMOS A ESCALA
Cando teñades o voso deseño listo, tedes que pasalo ao papel continuo.
Debuxade a cuadrícula para respectar as proporcións.
Distribuíde entre os membros do equipo as diferentes partes do debuxo.
Lembrade bordear o debuxo e borrar o lapis antes de pintar.
Por último, pintade con colores, témperas, rotuladores... o que vós elixades!