INVESTIGA
Cuestionario
Elixe a resposta correcta en cada pregunta.
Inventario de hórreos
- Duración:
- 1 hora
- Agrupamento:
- Individual
Imos facer un inventario de hórreos do noso contorno.
Para isto, tes que facer unha fotografía dun hórreo ou debuxalo e cubrir unha ficha de datos.
Vale calquera tipo de hórreo, aínda que estea en ruínas ou sexa moi diferente aos que vimos.
A ficha pódela atopar en formato editable aquí e en PDF para imprimir, aquí.
Se vas facer unha foto, mellor en horizontal. Imprímea a cor ou pídelle á túa mestra ou mestre que cha imprima.
Se fas un debuxo, lembra repasar o lapis cun rotulador de punta fina e pintalo.
Na ubicación inclúe indicacións que permitan localizalo (concello, barrio, rúa, número da vivenda...)
Descríbeo de maneira precisa: cantas portas ten, se hai decoracións na cuberta, cantos pés de hórreo ten, etc.
No uso actual podes indicar se está en ruinas, se aínda se utiliza ou se ten algún uso distinto do orixinal.
Engade calquera información que che pareza interesante: se é de alguén da túa familia, o ano de construción se o sabes, etc.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 4.0