Saltar navegación

DESEÑA

Repasamos

Icono Premede nas imaxes para repasar os corpos xeométricos.

Miniatura infografía prismas Miniatura infografía pirámides Miniatura infografía corpos redondos

Axuda discapacidade visual

Preme no botón de audio e selecciona o apartado que queres escoitar.

Para ver o texto mentres escoitas, preme na aspa (X) ou novamente no botón de audio.

Os prismas

  • Os prismas son formas tridimensionais con caras planas.
  • Teñen dúas bases idénticas en posicións opostas.
  • As bases danlle nome aos prismas:
    • Prisma triangular, as bases son triángulos.
    • Prisma rectangular, as bases son rectángulos.
    • Prisma hexagonal, as bases son hexágonos.
  • As caras laterais son rectángulos ou cadrados, e teñen tantas caras laterais coma lados teñan as bases.
  • Un caso especial de prisma é o formado por seis caras exactamente iguais con forma de cadrado (como un dado). Chámase cubo.

As pirámides

  • As pirámides son formas tridimensionais que teñen só unha base.
  • As caras laterais son triángulos idénticos que se unen nun vértice na parte superior da pirámide.
  • A base dálle nome ás pirámides:
    • Pirámide cadrada, a base é un cadrado.
    • Pirámide triangular, a base é un triángulo.
    • Pirámide pentagonal, a base é un pentágono.
    • Pirámide octogonal, a base é un octógono.
  • As pirámides teñen tantas caras laterais como lados teña o polígono da súa base.

Os corpos redondos

  • Os corpos redondos son figuras tridimensionais.
  • Obtéñense xirando unha figura xeométrica sobre un eixe.
  • A esfera resulta de xirar un semicírculo arredor do eixe que forma o seu diámetro. É como unha pelota.
  • O cilindro resulta de xirar un rectángulo sobre un dos seus lados. Ten dúas bases circulares. É como un tubo de lacasitos.
  • O cono resulta de xirar un triángulo rectángulo sobre un dos seus lados curtos (catetos). Ten só unha base circular. É como un cucurucho de xeado.

Reflexión

Icono Observade a imaxe e respondede as preguntas.

Hórreo tradicional
Feliciano Guimarães en Wikimedia Commons. Espigueiro (CC BY)

Icono Dos corpos xeométricos anteriores, cales utilizariades para construír un hórreo?

Icono Se quixerades utilizar unha pirámide cuadrangular para a cuberta, que forma debería ter a cámara?

Feito con eXeLearning (Nova ventá)