Imos ata París!
Recoñeces algunha das melodías dos ditados a 1 voz?
O ditado 2 é o tema principal da obra Bolero do compositor Maurice Ravel.
Maurice Ravel naceu no Pirineo francés a finais do século XIX (1875) pero viviu dende moi pequeno en París, onde a súa familia movíase en ambientes onde a música era ben considerada. Ravel estudou no Conservatorio de París onde foi alumno de G. Fauré e onde coñeceu ao que sería o seu gran amigo: o pianista español Ricardo Viñes. Bo pianista, enseguida centrouse na composición, presentándose ao ben recoñecido Premio de Roma, onde conseguiu o 2º premio.
É coñecido como un compositor perfeccionista que aparta todo o íntimo e personal das súas obras, buscando sempre a excelencia, quizais marcado polo carácter do seu pai, inxeniero de profesión; da súa nai, de orixe española, queda reflectida nas súas obras a influencia do folclore do país.
Outras influencias nas súas obras proveñen dos compositores contemporáneos como Debussy, Satie ou o propio Fauré, entre outros.
A súa obra máis recoñecida é o Bolero baseada nunha danza española e dedicada a bailarina Ida Rubinstein, onde Ravel deixa constancia da súa capacidade á hora de orquestrar. É unha das obras máis interpretadas.
É un único tema que vai pasando polo distintos instrumentos e con pequenas variacións. Algo que comezou como un experimento por parte do compositor, terminou sendo unha das grandes obras da historia da música.
Outras obras son: Pavana para unha infanta difunta, Jeux d´eau (Xogos de auga), Ma mére l´oye (A miña nai, a oca), Rapsodia española ou o ballet Daphnis et Chloé.