Tipos de escalas
Diatónicas
As escalas diatónicas son as escalas de sete sons con tons e semitóns, que segundo estean ordenados, serán escalas maiores ou menores.
Dentro das escalas diatónicas temos as diatónicas mixtas, que son as que modifican o VI, o VII ou ambos, tanto nas escalas maiores como menores.
Escalas Maiores
Modifican eses graos un semitón descendente.
1º tipo ou Natural: é a escala coas alteracións propias da armadura.
2º tipo ou Mixta Principal: escala coas alteracións propias da armadura pero co VI grao alterado descendentemente un semitón.
3º tipo ou Mixta Secundaria: escala coas alteracións propias da armadura pero co VI e o VII graos rebaixados.
4º tipo ou Mixolidia: escala coas alteracións propias da armadura pero co VII grao rebaixado.
Escalas menores
Modifican eses graos un semitón ascendente.
Natural: é a escala coas alteracións propias da armadura.
Harmónica: escala coas alteracións propias da armadura pero co VII grao alterado ascendentemente un semitón.
Melódica: escala coas alteracións propias da armadura pero co VI e o VII graos alterados ascendentemente un semitón. Esta escala en sentido descendente perde estas alteracións.
Dórica: escala coas alteracións propias da armadura pero co VI grao alterado ascendentemente un semitón.
Outras heptáfonas
Hai outros tipos de escalas de 7 notas que teñen alterados algúns dos seus graos e que se empregan con asiduidade na música clásica:
Escala Maior hispano- árabe: é unha escala maior co II e VI rebaixados (é dicir, cun semitón descendente).
Escala menor húngara: é unha escala menor co IV e VII alterados (é dicir, cun semitón ascendente).
Pentatónicas
Son escalas de 5 notas naturais, como o seu nome indica (penta= 5). Son escalas que se empregan en diferentes tipos de música (popular, jazz, etc) pero o seu son asóciase, sobre todo, coa música do continente asiático.
Hai dúas variantes:
Pentatónica Maior: é igual ca escala diatónica maior pero sen o IV e o VII graos. Coñécese como a escala china.
Pentatónica menor: é igual ca escala menor natural pero sen o II e o VI graos. As notas coinciden coa anterior pero noutra disposición.
Ademais hai outras variantes que inclúen semitóns:
Hirajoshi: asóciase á música xaponesa.
Pelog:
Kumoi:
Hexátonas
Son escalas de 6 notas, como o seu propio nome indica ((Hexa= seis).
A escala de tons enteros é unha escala hexátona con distancia de ton entre todas as súas notas. É unha escala que se asocia coa música do Impresionismo (compositores como Ravel o Debussy)
Outra escala hexátona é a escala de Blues (maior ou menor) que é a base da corrente musical de igual nome, caracterizada polo cromatismo que inclúe.
Maior:
Menor:
Cromáticas
Son escalas formadas por semitóns. Este tipo de escala é a base do Dodecafonismo (os compositores Shoenberg, Webern e Berg).