E agora practicamos...
Imos estudar os seguintes exercicios. Se tendes dúbidas, volvedes ver os vídeos. Sempre con metrónomo!!!
Comezamos con exercicios cos compases de amalgama nas claves de Sol e Fa en 4ª; despois algúns exercicios para repasar o traballado nas anteriores unidades; continuamos co estudo das claves, neste caso con Do en 4ª pero no rexistro máis agudo e algúns exercicios combinando a de Do en 4ª e 3ª.
Os exercicios van aumentando de dificultade. Practicádeos nesa orde.