Memoria || The Viola in my life

Memoria visual

Moitas veces a memoria que máis empregamos é a dixital (de dedos!!) ou visual, aínda que non debería ser a única.

Podes ver estes vídeos (3 exemplos) e só polo movemento dos dedos identificar a peza (que seguramente xa tocaches) que está interpretando? Atención só tes unha oportunidade así que pénsao ben (podes ver o vídeo todas as veces que queiras)!

Memoria auditiva

A memoria auditiva funciona sempre!! Seguro que podes recoñecer ao escoitala calquera peza que xa tocaras ou escoitaras nalgunha .... pero sabes que normalmente non tocas ti soa?

Escoita estes fragmentos (4 exemplos) de pezas que xa tocaches ou escoitaches nalgunha audición... pero do acompañamento non da parte da viola! Como no xogo anterior, podes escoitala todas as veces que queiras, pero lémbrate de que só podes escoller unha opción.

Memoria auditiva e visual

Como diciamos seguramente lembras ben como soaban as pezas que tocaches... pero podes identificalas só lendo (e escoitando mentalmente!) fragmentos da partitura?

Mira estes compases (4 exemplos), tenta cantalos e dime a que peza pertencen.

unha partitura ao chou