Afinación || The Viola in my life

Mapa da man esquerda

Unha das cuestións máis importantes á hora de traballar a afinación é saber exactamente onde temos que colocar os dedos da man esquerda. O que os anglosaxóns denominan finger patterns, e que podemos traducir coma patróns da man esquerda. En realidade trátase de saber cal será a distribución de tons e semitons entre os dedos, e ter unha imaxe de como facelo facilita enormemente a lectura e aporta seguridade.

Onde poño os dedos?

Unha das dificultades da afinación aparece ás veces por problemas de lectura. Posicións moi altas, tonalidades pouco frecuentes ou alteracións accidentais fan que nos resulte complicado saber onde colocar os dedos. Agora imos analizar pequenos fragmentos de estudios e obras que traballarás proximamente, e buscar só o patrón de man esquerda e as posicións. Despois de responder ás preguntas tenta tocalos amodo.

Adestrando a man esquerda

Xa sabemos que un dos mellores xeitos de mellorar a afinación é coas escalas. A proposta agora e facelas só nunha corda, traballando con distintas dixitacións. Faremos tres opcións posibles empezando sempre na 1ª posición. O acompañamento vainos axudar a axustar mellor cada nota, e tamén nos fará o estudio máis ameno.

Escalando... con arnés!!!

Agora que xa están claros os patróns e temos a man esquerda adestrada cos cambios de posición, é o momento de explorar. As escalas e arpexios en 3 oitavas proporcionan un amplo coñecemento do mastro do instrumento. Son unha parte fundamental á hora de mellorar a afinación, e para esta actividade propoñemos facelas cun acompañamento de piano. É importante escoitar ben as harmonías e afinar cada nota, sobre todo tendo en conta que unha gran parte do repertorio se toca con piano.

Mapa da man esquerda

En xeral os patróns máis usados son os que sitúan o semiton entre os dedos 1-2, 2-3 e 3-4, así coma a ausencia de semiton. Pero tamén podemos atopar exemplos de semitons entre 1-2-3 e entre 2-3-4, ou 1-2 e 3-4.
Aquí tes algunhas imaxes que te axudarán a entender mellor de que estamos a falar.

patrón da man esquerda patrón da man esquerda patrón da man esquerda patrón da man esquerda patrón da man esquerda patrón da man esquerda patrón da man esquerda

Onde poño os dedos?

Aquí tes varios fragmentos para practicar. En cada un deles tes varias preguntas preparatorias.
Podes ver as respostas correctas pasando o rato sobre a mesma...pero antes de facelo, atopa unha resposta.

Fragmento 1: Kreuz, Vol.3 Estudio nº 1-Spohr

partitura Spohr
  1. En que posición está?
    Resposta2ª posición
  2. Que patrón utilizas na corda La?
    RespostaSemitono entre 1-2
  3. Que patrón utilizas na corda Re?
    RespostaSemitono entre 1-2

Efectivamente, a pesar da tonalidade este fragmento é moito máis fácil do que parece.
Podes comezar con este exercicio de preparación

partitura escala

Fragmento 2: Estudio nº 15 de Mazas

partitura Mazas

En que posición e con que patrón estás en cada compás?

  1. Compás 1 e 5
    Resposta2ª posición. Semitono entre 3-4
  2. Compás 2
    Resposta3ª posición. Semitono entre 3-4
  3. Compás 3
    Resposta3ª posición. Semitono entre 3-4
  4. Compás 4
    Resposta3ª posición. Semitono entre 1-2
  5. Compás 8
    Resposta½ posición
  6. Compás 10
    Resposta5ª posición
  7. Compás 11
    Resposta2ª posición
  8. Compás 12
    Resposta3ª posición
    Suxerencia para estudar
  1. Tocar as 4 notas de cada posición de forma ascendente e descendente.
  2. Practicar os cambios de posición por separado, e sempre con notas de paso.

Fragmento 3: Kreuz, Vol.3 Estudio nº 12-Campagnoli

partitura Campagnoli
  1. En que posición está?
    RespostaMedia posición
  2. Que patrón utilizas na corda Re?
    RespostaSemitono entre 1-2-3
  3. Que patrón utilizas na corda Sol?
    RespostaSemitono entre 1-2
  4. Que patrón utilizas na corda Do?
    RespostaSemitono entre 1-2 e 3-4
Exercicio de preparación
partitura escala

Fragmento 4: Estudio nº 9 de Kreutzer

partitura Kreutzer
  1. En que posición está?
    Resposta6ª posición
  2. Que patrón utilizas na corda La?
    RespostaSemitono entre 1-2
  3. Que patrón utilizas na corda Re?
    RespostaSemitono entre 2-3
  4. Que patrón utilizas na corda Sol?
    RespostaSemitono entre 2-3
  5. Que patrón utilizas na corda Do?
    RespostaSemitono entre 3-4
Exercicio de preparación

Unha vez analizada a posición da man, proba primeiro a tocalo así:

partitura preparación

Como ves, se o baixas unha oitava e o tocas en 3ª posición, podes ir entrenando a túa man esquerda e o teu ouvido.

Fragmento 5: Estudio nº 9 de Kreutzer

partitura Kreutzer
  1. En que posición está?
    Resposta5ª posición
  2. Que patrón utilizas na corda La?
    RespostaSemitono entre 3-4
  3. Que patrón utilizas na corda Re?
    RespostaSemitono entre 3-4
  4. Que patrón utilizas na corda Sol?
    RespostaSemitono entre 3-4
  5. Que patrón utilizas na corda Do?
    RespostaSemitono entre 2-3
Exercicio de preparación
partitura preparación

Entrena a túa man para facer o arpexio.

Fragmento 6: Concerto de Casadesus no estilo de J.Chr.Bach-1º mov

partitura Casadeus
  1. En que posición está?
    Resposta3ª e 4ª
  2. Que patrón utilizas no compás 2 na corda Re?
    RespostaSemitono entre 3-4
  3. Que patrón utilizas no compás 2-3 na corda Re?
    RespostaSemitono entre 1-2 e 3-4
  4. Que patrón utilizas nos compases 6-7 na corda Re?
    RespostaSemitono entre 1-2 e 3-4
  5. E nos compases 10,11,12 e 13?
    RespostaSemitono entre 2-3
    Exercicio de preparación
  1. Preparamos a man en 3ª posición, coas alteracións accidentais que van aparecer no fragmento. O segundo dedo vai de re natural a la bemol.
  2. Preparamos a man en 4ª posición, traballando o semitono entre 1-2 e 3-4.
  3. Preparamos os arpexios, partindo de do bemol e de do natural.
partitura preparación

Adestrando a man esquerda

Podes tocar todas estas escalas con acompañamento, pero comeza por facer os exercicios de preparación desta páxina

Todas as escalas comezan co 1º dedo, en cada unha das catro cordas. As dixitacións que imos empregar son:

1-2-3-4-1-2-343-2-1-4-3-2-1

1-2-3-1-2-3-121-3-2-1-3-2-1

1-2-1-2-1-2-121-2-1-2-1-2-1

Imos facer algúns exercicios de preparación para cada unha das dixitacións.

Para 1-2

partitura escala

Para 1-2-3

partitura escala

Para 1-2-3-4

partitura escala

….e agora, se te atreves, toda a escala co 1º dedo!!!

partitura escala en la Maior
partitura escala en la Maior
partitura escala en la Maior
partitura escala en la Maior
partitura escala en la Maior
partitura escala en la Maior
partitura escala en la Maior
partitura escala en la Maior
partitura escala en la Maior
partitura escala en la Maior
partitura escala en la Maior
partitura escala en la Maior