Saltar navegación

7.- Avaliación da secuencia didáctica

Nesta secuencia didáctica aprenderemos:

     O signficado da conmemoración e por que eliximos esta semana.

     A ler comprensivamente artigos de prensa e outros textos con fluidez e entonación.

     A recoñecer e distinguir os principais xéneros xornalísticos.

     A identificar as partes dunha nova.

     A redactar novas de prensa en linguaxe xornalística.

     A adoitar unha actitude crítica ante as novas que aparecen nos diferentes xornais.

En moitas actividades están sinalados os criterios de avaliación, instrumentos e incluso rúbricas creadas ad hoc.

Neste apartado algunha suxestión de como realizar unha avaliación global da secuencia:

- No caderno de traballo:

Hai dous tipos de actividades:

a) Unhas son interactivas que se poden avaliar de xeito inmediato e teñen o propósito de servir de motivación e relacionar conceptos traballados. Clicando no botón de informes do menú superior podedes ver a calificación de este grupo de actividades;

Detalle do botón de informes
Xosé Antón Vicente. Detalle do botón de informes (CC BY-NC-SA)

b) Outras son propostas de traballo colaborativo ou cooperativo e se avaliarín coa rúbrica do traballo grupal.

- Na proposta de traballo cooperativo:

A avaliación da actividade farase en base á rúbrica:

Rúbrica para avaliar o traballo cooperativo
Xosé Antón Vicente Rodríguez. Rúbrica para avaliar o traballo grupal (CC BY-NC-SA)

- Para a avaliación da webquest propoñemos esta outra rúbrica:

Para avaliar o traballo, fixarémonos nos seguintes aspectos:

  •   Utilización dos recursos da rede.
  •   Exposición clara dos elementos tratados no manual ou libro de estilo.
  •   Utilización correcta da lingua galega.
  •   Viabilidade e importancia dos aspectos tidos en conta.
  •   Funcionamento e relación entre os catro membros do grupo.
  •   Composición e estética da presentación ou infografía creada co manual de estilo.

Rúbrica:

Nome do mestre/a:  ­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­____________________________________
 

Nome do alumno/a:     ________________________________________

  CATEGORIA

4 puntos

3 puntos

2 puntos

1 punto

Contido e precisión

Toda a información dos aspectos tratados é axeitada.

99-90% da información dos aspectos tratados é axeitada.

89-80% da iinformación dos aspectos tratados é axeitada.

Menos do 80% da información dos aspectos tratados é axeitada.

Escritura-Gramática

Non hai erros gramaticais no texto do manual de estilo e na infografía co resumo da mesma.

Non hai erros gramaticais no texto do manual de estilo e na infografía co resumo da mesma despois da revisión por parte do mestre.

Hai 1-2 erros gramaticais no texto do manual de estilo e na infografía co resumo da mesma aínda despois da revisión por parte do mestre.

Hai 3 ou máis erros gramaticais no texto do manual de estilo e na infografía co resumo da mesma aínda despois da revisión por parte do mestre

Coñecemento gañado

Todos os alumnos do grupo saben as instruccións de como publicar no medio elexido segundo unhas pautas establecidas e o proceso técnico usado para crealo.

Todos os alumnos do grupo saben as instruccións de como publicar no medio elexido segundo unhas pautas establecidas e o proceso técnico usado para crealo.

Só algúns alumnos do grupo saben as instruccións de como publicar no medio elexido segundo unhas pautas establecidas e o proceso técnico usado para crealo.

Varios alumnos do grupo parecen ter pouco coñecemento sobre as instruccións de como publicar no medio elexido segundo unhas pautas establecidas e o proceso técnico usado para crealo.

Gráficos

Os gráficos da infografía van ben co texto e hai unha boa combinación de texto e gráficos.

Os gráficos da infografía van ben co texto, pero hai moitos que se desvían do mesmo.

Os gráficos van ben co título, pero hai moi poucos e a infografía ou presentación parece ter excesivo texto.

Os gráficos da infografía ou presentación non van co texto, e aparentan ter sido escollidos sen ningún orden.

Atractivo

A presentación ou infografía é excepcionalmente atractiva en termos de deseño, composición e integración dos distintos apartados.

A presentación ou infografía é atractiva en termos de deseño, composición e integración dos distintos apartados.

A presentación ou infografía é relativamente atractiva aínda que pode estar descompensado nalgúns aspectos.

A presentación ou infografía está bastante desordenada ou está moi mal deseñada. Non é nada atractiva.

Uso do tempo de clase

Usou ben o tempo durante cada periodo de clase. Puxo énfase en realizar o traballo e nunca fixo perder o tempo a outros.

Usou ben o tempo durante cada periodo de clase. En xeral, puxo énfase en realizar o traballo e nunca fixo perder o tempo a outros.

 Houbo certo énfase en realizar o traballo, pero ocasionalmente distraía a outros.

Non usou o tempo de clase para realizar o traballo ou distraía con frecuencia a outros.

 Esta rúbrica está inspirada libremente na ferramenta web Rubistar.

- A actividade de ampliación e motivación (xogo de preguntas e respostas tipo Trivial)

Avalíase de forma inmediata pois o xogo é de tipo individual ou grupal e remata cando o alumnado ou grupo contesta todas as preguntas que lle levan a acadar os seis queixiños qu corresponden a seis categorías de preguntas: Espectáculos, Historia, Ocio  deportes, Ciencia, Arte e literatura e Xeografía. Se logramos os seis queixiños teremos que acertar as "Preguntas finais" (unha nova pregunta de cada unha das seis categorías). Se erramos algunha de estas 6 preguntas teremos que empezar esta fase de novo dende a primeira categoría. Das tres opcións de resposta de cada pregunta o xogo só unha delas é correcta. Para respostar ás preguntas podemos utilizar os buscadores que se propoñen.

Ao rematar satisfactoriamente o xogo aparecerá unha pantalla dando os parabéns. Gañará, polo tanto, o alumno ou grupo que poida amosar antes esta pantalla:

Captura final do xogo "Prensa - Trivial"
Xosé Antón Vicente Rodríguez. Captura final do xogo "Prensa-Trivial"  (CC BY-NC-SA)