Saltar navegación

2.- Glosario

GLOSARIO (ver/ocultar todas as palabras)

A - D

Actualidade: Suceso que atrae ou ocupa a atención dun gran público nun momento dado.

Axencia: Empresa que vende información.

Clickbait: Texto ou ligazón que está deseñada para atraer a atención dos usuarios, para que vexan ou escoiten un fragmento de contido en liña, sendo normalmente enganoso. O obxectivo é  conseguir ingresos publicitarios polo número de clics.

Columna: Cada unha das partes nas que se divide unha páxina dunha publicación impresa verticalmente. Dependendo do deseño dos xornais, podemos ver que as páxinas están formadas por tres, catro ou cinco columnas nas que se incorporan os textos xornalísticos.

Comunicado: Información enviada por unha fonte informante, normalmente por fax ou correo electrónico.

Consello editorial: Organismo formado por un conxunto de persoas que teñen a responsabilidade de fixar a liña editorial da publicación.

Crónica: Información dada nun periódico sobre un determinado tema de actualidade.

E - H

Editor: Xornalista encargado de comprobar se a información é correcta en canto a contido, fontes e redacción.

Editorial: Opinión dun medio sobre un ou varios temas de interese e que expresa a opinión do xornal.

Entrevista: Conversa entre a fonte informante e  o xornalista para informar a través das súas respostas.

Enviado especial: Periodista enviado a un lugar para cubrir un acontecemento, durante o tempo que dura o mesmo.

Fake news: Novas falsas, é dicir: información creada como se fose real coa intención de desinformar. O obxectivo é manipular ás masas.

Flash: A información máis curta e urxente transmitida por unha axencia.

Fonte: Persoa que, a título individual o en nome da institución ou do cargo que representa, informa aos medios.

Fotografía: Procedemento que permite fixar imaxes nunha placa sensible á acción da luz.

Googlear: Buscar información en Internet usando o motor de busca de Google.

Hipertexto: Ligazón nunha ou varias palabras dun texto ou unha imaxe que remite a outra páxina web onde se pode atopar información complementaria. As palabras nas que se creou a ligazón aparecen subliñadas, normalmente en cor azul.

I - L

Información obxectiva: É aquela que está baseada na ausencia de prexuizos e intereses persoais. Nela, os feitos e os conceptos tratados son amosados sen que o autor dé ou manifeste a súa opinión sobre eles.

Información subxectiva: É aquela que contén o punto de vista da persoa que a expón e está influida polos seus intereses e desexos.

Infoxicación (sobrecarga informativa): Gran cantidade de información que resulta moi difícil de procesar polo seu volume.

Internet: Rede informática mundial constituída por un conxunto de redes conectadas por un protocolo de comunicación.

Lead (termo inglés): Entradilla que segue ao titular e que contén en moi poucas liñas os elementos máis relevantes da nova. Está composta polas seis preguntas esenciais do xornalismo: ¿que?, ¿quen?, ¿onde?, ¿como?, ¿cando? e ¿por que?.

Libro de estilo: Conxunto de normas establecidas por un medio de comunicación para uniformizar o estilo de escritura dos distintos redactores.

Linotipia: Máquina para compoñer textos da que sae a liña nunha soa peza.

M - O

Mass Media (ou Mass-Media): Os mass media ou medios de comunicación de masas soen definirse como canles non persoais de difusión de mensaxes ao público xeral. Son recibidos simultaneamente por unha gran audiencia. Son principalmente a prensa escrita e dixital, a radio e a televisión.

Nova: Narración de feitos. Consta de dúas partes entradiña ou "lead" e corpo da nova.

Obxectividade: Que está exento de prexuízos ou de factores afectivos ou persoais, e de quen non se deixa influenciar por estes prexuízos ou factores afectivos ao realizar as súas valoracións etc.

P - T

Pé de foto: Texto que, xeralmente, vai abaixo dunha foto en revistas ou periódicos. Serve para complementar unha imaxe gráfica, para describila, para explicala.

Pé de imprenta: Indicación da data e lugar de impresión nun texto impreso.

Prensa: Conxunto de publicacións periódicas, en especial as de aparición diaria.

Prensa de vapor (ou prensa de Koenig): Era unha máquina de impresión de vapor. Movíase grazas á enerxía do vapor, cara a folla de papel que estaba imprimindo, e despois retirábase. Esto significaba que as follas de papel podían ser colocadas no seu sitio e quitadas sen interrupción.

Publicidade: Arte ou acción de influír na psicoloxía da xente con fins comerciais, e actividade, medios e técnicas que se empregan con este propósito.

Rede social: Servizo ou espazo en Internet que permite que persoas ou grupos creen relacións e intercambien contidos e informacións.

Reportaxe: Narración de feitos sin aterse a unha estrutura ríxgida como a nova.

Roda de prensa: Reunión convocada por unha fonte para dar a coñecer unha información aos medios e na cal estos poden facer preguntas.

Rotativa: Máquina de imprimir en que a forma e os órganos esenciais son cilíndricos, o que lle permite traballar con movemento continuo e alcanzar unha gran velocidade.

Telégrafo: Sistema de transmisión ou recepción de mensaxes a distancia mediante un código de sinais.

Tipografía: Taller onde se imprime. Sinónimo de imprenta.

Tira cómica: Historieta composta por poucos cadros que forman unha única tira horizontal, que se publica nun xornal ou revista.

Tirada (prensa): Cantidade de exemplares que se imprimen dunha mesma edición, desde o primeiro ata o último, sexan ou non postos en circulación e sexan difundidos.

Titular: Título que encabeza as noticias dos xornais e está escrito en letras grandes e visibles. Nornalmente úsase en plural.

U - Z

Web: Conxunto de información de dimensión global baseada nun sistema de ligazón de recursos, utilidades e contidos que se soporta na estrutura física de Internet.

Xornal: Periódico que se publica todos os días. Tamén pode referirse ao lugar onde está a sede de administración e redacción de ese periódico.

Xornalista:  Persoa que ten como profesión escribir para un xornal ou que participa na redacción ou difusión da información nun medio de comunicación.