Saltar navegación

4.- Webquest: "Creamos o noso libro de estilo"

Banner da webquest "Creamos o noso libro de estilo"

Webquest "Creamos o noso libro de estilo"

Introducción


A vida dos centros educativos traspasou as fronteiras físicas da aula e do propio colexio. As famiias e a propia comunidade queren saber que sucede nos centros e estes teñen necesidade de difundir parte do seu traballo.

Os medios que máis empegamos nos colexios como canle de comunicación son: a revista escolar, a radio, podcast, o blog do centro ou aula e a propia web do colexio.

É fundamental que teñamos definido un libro ou manual de estilo para estas publicacións físicas e na Rede que nos permitan homoxeneizar aspectos como: as tipografías, o deseño, as cores, uso correcto da ortografía, gramática, puntuación, estética, como referenciar a multimedia, como citar fragmentos de outras obras...

Tarefa

En equipos de catro membros teremos que elaborar un manual ou libro de estilo tanto para a revista escolar do colexio en soporte físico ou papel, como para o blog ou web do centro.

Teremos que deseñar o manual de estilo para publicacións físicas ou na Rede, facendo especial fincapé en:

- Lingua ou linguas que se van a empregar.

- Como redactar os titulares sen sensacionalismos.

- Cuestións éticas sobre como tratar as novas ou artigos de opinión.

- Estilo da redacción (frases curtas ou longas, concisión, estilo formal ou informal...) .

- Abreviaturas.

- Linguaxe inclusiva e non sexista.

- Tratamentos,

- Toponimia.

- Como referenciar a multimedia e citar fontes...

- Maquetación dos contidos: Estilo, estética...

- ...

Proceso


Cada "equipo" estará formada por catro membros que se repartirán estos roles:

-Coordinador/a: É quen define os obxectivos do grupo e coordina a toma de decisións. Tamén chamado líder ou responsable. Transmite seguridade, confianza e cohesión ao grupo.
- Investigador/a: O estudio das fontes son a súa principal fortaleza: estudos, análises,..., etc. Parte da súa función é extraer información que aplicará ao proceso actual. Soe ser un bo comunicador e un excelente analista das situacións.
- Creativo/a: persona chea de ideas e é quen de aportar suxestións e opinións. É imaxinativo, innovador e curioso.
- Deseñador/a: é o encargado de "darlle forma" e coherencia ao manual ou libro de estilo.

Cada un exercerá o seu rol pero todas as propostas serán debatidas internamente entre os catro membros do grupo para poder elaborar o manual de estilo para as publicacións do centro na súa totalidade.


Recursos

Icona da web

Para recabar información sobre que é un libro de estilo:

Propostas para darlle formato a unha presentación ou infografía coas directrices do manual de estilo:

Avaliación

Para avaliar o traballo, fixarémonos nos seguintes aspectos:

  •   Utilización dos recursos da rede.
  •   Exposición clara dos elementos tratados no manual ou libro de estilo.
  •   Utilización correcta da lingua galega.
  •   Viabilidade e importancia dos aspectos tidos en conta.
  •   Funcionamento e relación entre os catro membros do grupo.
  •   Composición e estética da presentación ou infografía creada co manual de estilo.

Rúbrica:

Nome do mestre/a:  ­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­____________________________________
 

Nome do alumno/a:     ________________________________________

 

 

CATEGORIA

4 puntos

3 puntos

2 puntos

1 punto

Contido e precisión

Toda a información dos aspectos tratados é axeitada.

99-90% da información dos aspectos tratados é axeitada.

89-80% da iinformación dos aspectos tratados é axeitada.

Menos do 80% da información dos aspectos tratados é axeitada.

Escritura-Gramática

Non hai erros gramaticais no texto do manual de estilo e na infografía co resumo da mesma.

Non hai erros gramaticais no texto do manual de estilo e na infografía co resumo da mesma despois da revisión por parte do mestre.

Hai 1-2 erros gramaticais no texto do manual de estilo e na infografía co resumo da mesma aínda despois da revisión por parte do mestre.

Hai 3 ou máis erros gramaticais no texto do manual de estilo e na infografía co resumo da mesma aínda despois da revisión por parte do mestre

Coñecemento gañado

Todos os alumnos do grupo saben as instruccións de como publicar no medio elexido segundo unhas pautas establecidas e o proceso técnico usado para crealo.

Todos os alumnos do grupo saben as instruccións de como publicar no medio elexido segundo unhas pautas establecidas e o proceso técnico usado para crealo.

Só algúns alumnos do grupo saben as instruccións de como publicar no medio elexido segundo unhas pautas establecidas e o proceso técnico usado para crealo.

Varios alumnos do grupo parecen ter pouco coñecemento sobre as instruccións de como publicar no medio elexido segundo unhas pautas establecidas e o proceso técnico usado para crealo.

Gráficos

Os gráficos da infografía van ben co texto e hai unha boa combinación de texto e gráficos.

Os gráficos da infografía van ben co texto, pero hai moitos que se desvían do mesmo.

Os gráficos van ben co título, pero hai moi poucos e a infografía ou presentación parece ter excesivo texto.

Os gráficos da infografía ou presentación non van co texto, e aparentan ter sido escollidos sen ningún orden.

Atractivo

A presentación ou infografía é excepcionalmente atractiva en termos de deseño, composición e integración dos distintos apartados.

A presentación ou infografía é atractiva en termos de deseño, composición e integración dos distintos apartados.

A presentación ou infografía é relativamente atractiva aínda que pode estar descompensado nalgúns aspectos.

A presentación ou infografía está bastante desordenada ou está moi mal deseñada. Non é nada atractiva.

Uso do tempo de clase

Usou ben o tempo durante cada periodo de clase. Puxo énfase en realizar o traballo e nunca fixo perder o tempo a outros.

Usou ben o tempo durante cada periodo de clase. En xeral, puxo énfase en realizar o traballo e nunca fixo perder o tempo a outros.

 Houbo certo énfase en realizar o traballo, pero ocasionalmente distraía a outros.

Non usou o tempo de clase para realizar o traballo ou distraía con frecuencia a outros.

 Esta rúbrica está inspirada libremente na ferramenta web Rubistar.

 

Conclusións


  • É moi importante contar cun manual ou libro de estilo para as publicacións en papel ou en formato dixital co obxectivo de homoxeneizar e darlle coherencia ao conxunto.
  • Fundamental coidar os aspectos éticos e o comportamento do medio sendo ante todo respectuosos coas opinións dos demáis.
  • Os aspectos formais tamén temos que coidalos: logos, paleta de cores, cartelería, etiquetas, tipografías, tamaños de letra, pes de foto...
  • Nos materiais escolares podemos acollernos ao dereito de cita con determinadas condicións pero temos que citar en todo momento eses fragmentos, a autoría da multimedia e os dereitos de uso.
  • Temos que diferenciarnos da competencia. Debemos ser orixinais para destacar e non ser "un máis".