Saltar la navegación

2.2 Recursos para as tarefas


Magic Doodle free, é unha aplicación para deseñar mandalas no dispositivo móvil. Esta APP tamén che permíte facer un video coa evolución da túa mandala.


Kizoa: Esta intuitiva e sinxela aplicación para o ordenador permíteche facer videos e presentacións usando fotos, vídeos e música. Tamén podes engadir textos, efectos e transicións, ademais de modificar tempos. O teu traballo pódelo compartir por e-mail, blogues, facebook, youtube e incluso gravalo en DVD ou descargalo en formato vídeo. 
 
 

Filmora: esta aplicación para o ordenador é un editor de videos sinxelo onde podes traballar con videos, imaxes ou  música. Ofréceche distintos Filtros, Capas, Transicións e Títulos Personalizados Podes crear e expresarte sen límites. Aplica innumerables efectos e consegue un acabado refinado para o teu vídeo.


Mongge: é un editor online de Debuxo Técnico deseñado para facilitar o estudo e a difusión de problemas xeométricos orientados a Educación Secundaria e Bacharelato. En Mongge, reprodúcense as técnicas de debuxo en papel, con regra e compás, e, ao mesmo tempo, aprovéitanse todas as facilidades que achega o computador para axilizar os procesos mecánicos de debuxo e centrarse na resolución de problemas xeométricos. Os exercicios creados con Mongge pódense resolver online pero se o prefires tamén poderás imprimilos e resolvelos en papel. As solucións aos exercicios móstranse como unha película animada. Isto permite examinar paso a paso o proceso de resolución dos problemas expostos e así facilitar a explicación, análise e avaliación dos exercicios.
Hai máis de 30.000 exercicios de Debuxo Técnico. Todos foron creados e publicados polos seus usuarios e serven a diario no seu traballo a miles de persoas.
Ver as solucións pode ser entretido, interesante e pódeche axudar a resolver as túas dúbidas máis rápido, pero é recomendable que tentes resolver os exercicios antes de reproducilas, é a mellor forma de sacarlle partido ao teu traballo.



Cámara caleidoscopio: a través desta aplicación podes realizar belas mostras de arte replicando partes dunha imaxe capturada coa túa cámara en certos ángulos. Podes crear unha incrible e fermosa pintura de caleidoscopio en cuestión de segundos con tan só usar a túa cámara, a contorna e a túa creatividade!

Arloon Geometry