Saltar la navegación

2.1 Tarefas

2.1.1 Prácticas de construción de polígonos coa finalidade de deseñar distintas mandalas.

2.1.2 Deseño dun motivo decorativo tipo islámico de gran tamaño.


2.1.3 Investiga na Internet qué é e cómo se fai un caleidoscopio. Creade grupos (de 3 alumnos). Onde un membro se fará cargo do corpo do obxeto. Outro de deseñar e crear sobre papel un estampado, aplicando os coñecementos adquiridos sobre os polígonos. Servirá  para forralo obxeto, que ten forma de prisma de base triangular. E o outro membro desenvolverá a parte móbil do aparato.

Imaxe de dominio público. Rescatada de Pixabay

 Imaxe de dominio público. Rescatada da Wikimedia

2.1.4 Crear un xoguete no que usaremos varias mandalas de diversos tamaños feitas en cartón, acetato ou papel e coloreadas. Imos superpolas e unilas polo seu centro. Logo tentaremos darlle movemento usando algún eixo. O obxetivo é que produza efectos visuais similares a un caleidoscopio.

2.1.5 Facer un flipbook dixital cunha evolución dunha mandala en base poligonal, para velo seu desenvolvemento. Deseñaremos as imaxes dixitais con algunha aplicación para o móbil como Doodle ou Radial. Teremos que capturar un a un cada paso que vaiamos dando. Logo montarémola secuencia de imaxes coa axuda dun programa ou aplicación de edición de videos, como Kizoa ou Filmora.
Exemplo de traballo con efecto caleidoscopio.

2.1.6 Facemos uns dados inspiradores. Primeiro debuxamos o desenvolvemento dun poliedro (cubo, tetraedro, dodecaedro,...) nunha cartolina. A continuación debuxaremos imaxes sinxelas nas súas caras e logo construímos o poliedro. Axudaranos a ter ideas cando teñamos que facer algún traballo para o que non se nos ocorre nada. Hai aplicacións para o móbil que che ofrecen longos listados de palabras que che darán ideas do que podes debuxar.

           

Editar Borrar