Saltar la navegación

2.3 Exercicios interactivos

Enche os ocos

Le o parágrafo que aparece abaixo e completa as palabras que faltan.

A Xeometría Descritiva é a ciencia que ten por obxecto a representación de figuras e obxectos no (espazo bidimensional). O elemento mínimo de representación en calquera sistema é o e para poder proxectalo trázase unha recta (raio proyectante) por el,  e calcúlase a intersección deste raio co plano sobre o cal se desexa proxectar (plano do ).
O número de planos de utilizados, a situación relativa destos respecto ó obxecto, e a dirección dos proxectantes, son as características que diferencian ós distintos sistemas de .

Habilitar JavaScript

Pregunta Verdadeiro-Falso

Responde se son verdadeiras ou falsas as seguintes afirmacións:

Pregunta 1

O sistema cónico consiste na representación gráfica dun obxecto en planta e alzado, mediante a proxección de raios proxectantes perpendiculares a dous planos principais de proxección denominados plano horizontal (PH) e plano vertical (PV).

Sugerencia

Repasa os contidos sobre Xeometría Descriptiva da unidade.

Pregunta 2

No sistema diédrico existen dous planos ( horizontal e vertical) que dividen o espazo en catro rexións denominadas cadrantes.

Sugerencia

Repasa os contidos sobre Xeometría Descriptiva e o sistema diédrico da unidade.

Pregunta 3

Denomínase afastamento dun punto do espazo á distancia  que hai entre el e a súa proxección no plano horizontal. 

Sugerencia

Repasa os contidos sobre Xeometría Descriptiva e o sistema diédrico da unidade.

Pregunta 4

No sistema diédrico, as trazas dunha recta son os puntos onde a recta corta ós planos de Proxección. A  traza horizontal da recta  é o punto onde a recta corta ó plano Vertical. A traza vertical da recta é o punto onde a recta corta ó plano Horizontal.

Sugerencia

Repasa os contidos sobre a representación da liña no sistema diédrico da unidade.

Pregunta 5

Chamamos plano proxectante vertical ao plano que é perpendicular a ambos os Planos de Proxección. Ten ambas Trazas perpendiculares á Liña de Terra.

Sugerencia

Repasa os contidos sobre os tipos de planos no sistema diédrico da unidade.

Pregunta 6

Mediante o sistema axonométrico representanse as 3 dimensións do espazo mediante 3 eixos que na realidade son perpendiculares (un triedro) e que no debuxo veremos de forma plana, representados con diferentes ángulos.

Sugerencia

Repasa os contidos sobre o sistema axonométrico da unidade.

Pregunta 7

Hai principamente dúas variantes dentro da perspectiva cónica, a perspectiva cónica frontal e a oblicua
Na oblicua os obxectos sitúanse coas súas caras paralelas ao plano do cadro e hai un só punto de fuga.
Na frontal as caras da figura están oblicuas con respecto do plano do cadro. Neste caso hai dous puntos de fuga situados sobre a liña do horizonte.

Sugerencia

Repasa os contidos sobre o sistema cónico da unidade.