Sketchbook: é unha aplicación de software de gráficos de trama para debuxar, tanto para os rápidos bosquexos conceptuais como para as ilustracións completamente acabadas. Danos acceso a múltiples ferramentas creativas, rápidas e precisas, plumas, lapis, tintas, marcadores e máis de 190 pinceis personalizables que poden incorporar unha chea de trazos e texturas diferentes.
Tamén podes usar regras tradicionais e guías de elipse para obter liñas precisas, ou usala axuda do asistente con simetría radial de 16 sectores e trazos predictivos que suavizan as liñas e corrixen as figuras. Ademais podes engadir textos ou imaxes, borrar con facilidade e traballar con capas. É unha APP fácil, intuitiva e gratis para traballar coa túa tablet ou móbil.
LibreCAD é unha ferramenta de software libre coa que se poden realizar deseños técnicos. Ofrece un amplo panel de ferramentas co que se poden crear complexos deseños en 2D. Funciona nos sistemas operativos GNU/Linux, Mac VOS X, Solaris e Microsoft Windows. É unha alternativa de código aberto á famosa e profesional suite de modelado e deseño 2D e 3D AutoCAD. LibreCAD representa unha oportunidade fantástica para entrar no mundo do deseño 2D mediante o acceso a un gran número de ferramentas que están dispoñibles ben mediante menús contextuales ou fixos que se atopan na parte superior da APP, que ofrecen todo o que poidas necesitar: seleccionar, debuxar, dimensionar, modificar...
Skedio é unha ferramenta para o debuxo baseado en vectores, para tanto creación como corrección de ilustracións da alta calidade. De sinxelo uso e bos resultado. Ofrece variadas ferramentas coas que crear de forma libre, formas xeométricas, liñas rectas e curvas, transformacións como rotación, escalamento, desprazar, ou varios estilos de liña.
Mongge: é un editor online de Debuxo Técnico deseñado para facilitalo estudo e a difusión de problemas xeométricos orientados a Educación Secundaria e Bacharelato. En Mongge, reprodúcense as técnicas de debuxo en papel, con regra e compás, e, ao mesmo tempo, aprovéitanse todas as facilidades que achega o computador para axilizar os procesos mecánicos de debuxo e centrarse na resolución de problemas xeométricos. Os exercicios creados con Mongge pódense resolver online pero se o prefires tamén poderás imprimilos e resolvelos en papel. As solucións aos exercicios móstranse como unha película animada. Isto permite examinar paso a paso o proceso de resolución dos problemas expostos e así facilitar a explicación, análise e avaliación dos exercicios.
Hai máis de 30.000 exercicios de Debuxo Técnico. Todos foron creados e publicados polos seus usuarios e serven a diario no seu traballo a miles de persoas.
Ver as solucións pode ser entretido, interesante e pódeche axudar a resolver as túas dúbidas máis rápido, pero é recomendable que tentes resolver os exercicios antes de reproducilas, é a mellor forma de sacarlle partido ao teu traballo.
Hai máis de 30.000 exercicios de Debuxo Técnico. Todos foron creados e publicados polos seus usuarios e serven a diario no seu traballo a miles de persoas.
Ver as solucións pode ser entretido, interesante e pódeche axudar a resolver as túas dúbidas máis rápido, pero é recomendable que tentes resolver os exercicios antes de reproducilas, é a mellor forma de sacarlle partido ao teu traballo.