Textura Monódica
Imos explicar pouco a pouco os diferentes tipos de textura que existen.
A textura dunha peza pode verse afectada polo número e o carácter das súas partes ou das melodías que entran en xogo.
Tamén do timbre dos instrumentos, das voces, da harmonía, do tempo e dos ritmos utilizados.
Vemos que a textura vai depender de moitos elementos, xa que nela se condensa a densidade do son.

Pero non te apures, que todo é máis fácil do que parece. Comezaremos polo sinxelo.
![]()
- Textura monódica:
Consiste nunha única liña melódica interpretada por unha ou varias voces ou instrumentos que soan todos ao unísono. É a máis sinxela de todas, e foi a utilizada durante a Idade Media no canto gregoriano.

Obra publicada con Licencia Creative Commons Reconocimiento No comercial Compartir igual 4.0