
Nesta unidade imos explicar que é a textura.
A textura é un dos elementos básicos da música que describe a relación entre as diferentes voces musicais.
Se fósemos críticos de música poderiamos describila con termos tales como "espeso", "luminoso", "duro" ou "suave".

Pero que é a textura musical? Pois a forma de combinar os diferentes sons nunha composición musical.
Fíxate nas seguintes partituras:



Ao finalizar a explicación, saberás que tipo de textura é cada peza.