Melodía Acompañada: textura polifónica que consiste nunha melodía principal que soa sobre un acompañamento realizado a base de acordes.
Dita textura naceu no Barroco e foi moi importante no inicio da ópera no século XVII.
Este tipo de textura é a que utiliza a música comercial que escoitamos habitualmente, na que a melodía que interpreta o cantante está acompañada de acordes das guitarras, baixos, teclados...
