Saltar la navegación

Cifrado de acordes

 

O mundo dos acordes é un tema que daría para moitos anos, xa que nos mergullamos no mundo da tonalidade.

O 99% das cancións que soan habitualmente, comezan a súa composición a partir de acordes que se van mesturando ata encontrar acougo coa melodía.

Non imos chegar a iso. Pero teremos que dar unhas pequenas nocións de como nos imos atopar os acordes nunha canción, e que nos vai a servir para o programa musescore.

ui

Xa vou ao gran, non vou ser pesado!!!

Cando busquemos unha canción por internet para tocala con guitarra ou piano, nunha alta porcentaxe apareceranos do seguinte xeito:

cancion

E que significan esas letras por riba da letra da canción? Pois son os acordes, pero cunha nomenclatura que temos que saber.

Chámase cifrado "americano" pero ten moitos séculos. Consiste en asignarlle a cada letra unha nota. É sinxelo, tes que lembrar que comeza na nota La.

rt