Cifrado
Aínda que xa o sabes, incidirei un pouco máis no asunto porque hai moito traballo que facer:
Cando a letra sexa maiúscula, estase referindo ao acorde Maior.
Cando é minúscula ou maiúscula cun m minúsculo ao lado, quererá dicir o acorde menor.
Pero tamén nos imos atopar # o b ao lado das letras, para dicirnos se é acorde maior ou menor sostido ou bemol. Exemplo (podes descargar o PDF ):
O importante é volver ao anterior, en concreto ás tonalidades, porque son fundamentais.
Despois traballaremos varias partituras onde é fundamental que saibas as tonalidades, porque terás que pór os sostidos ou bemois correspondentes.