Do mesmo xeito que temos escalas maiores e menores, tamén temos acordes maiores e menores.
Imos ver cales son as súas diferenzas:
Fíxate que para facer un acorde maior, o que facemos é un intervalo de 3ª Maior (2T) dende a nota fundamental.
E despois un intervalo de 3ª menor (1T-1St) dende a nota central do acorde.
Agora mira e escoita o acorde menor:
Aquí é o contrario, primeiro faise unha 3º menor (1T-1St) e logo unha 3ª Maior (2T).
Olla os dous para que os compares visual e auditivamente: