Saltar navegación

Outros termos

 

Staccato: pequeno punto colocado sobre a figura musical. O punto indica que a duración da nota debe ser máis curta que o que indica a figura (calcúlalle a metade do valor da mesma). Na interpretación musical o que se fai é "picar" a nota.

st

Acento: tal e como o seu nome indica, o acento implica unha énfase especial na nota sobre a que está colocada. Ao ter un acento debe executarse un pouco máis forte que as demais.

acento

O Ligado (tamén chamado Legato polo seu nome en italiano e ligadura de expresión nalgúns países) é unha liña curva de expresión que une a varias notas diferentes. Cando dúas ou mais notas están unidas por un ligado, estas débense executar o máis xuntas posible; é dicir, sen que haxa unha separación sonora ou unha interrupción do son entre elas.

legato

ewEscoita estes exemplos do explicado anteriormente. Pon a orella con atención: