E como se mide a intensidade?

Pois utilizando os DECIBELIOS (dB).
Os decibelios son a unidade de medida utilizada para expresar a intensidade do son ou potencia acústica.
A audición nas persoas comezaría a partir de 0 dB, e chegaría aos 140 dB (limiar da dor). Neste punto atopamos problemas coa audición e co aparello auditivo, con graves consecuencias para a nosa saúde.
E cal é o aparello para medir os decibelios? O sonómetro.

