A INTENSIDADE é a calidade que fai que un son se escoite en maior ou menor intensidade; é dicir, estamos a falar do volume do son.
- Onda con baixo volume ou pouca intensidade.

- Alto volume ou moita intensidade.

Na música clásica, a intensidade é moi importante a todos os niveis. Escoita este exemplo das "Catro estacións: Inverno" de Vivaldi, e observa como a intensidade vai mudando en toda a peza, o que lle confire una sonoridade especial.
Preme neste enlace e verás como o músico e youtuber Jaime Altozano explica, con exemplos prácticos, o porqué non se pode escoitar música clásica no coche. Verás como che axuda a entender o explicado anteriormente.