Saltar navegación

7.- Avaliación da secuencia didáctica

Nesta secuencia didáctica aprenderemos:

     O signficado da conmemoración e por que eliximos este día.

     Un percorrido histórico e contextualización.

     Habilidades de resolución de conflictos.

     Como afrontar os conflictos que nos afectan.

     A distinguir conflicto de violencia.

     O significado da tolerancia e respectar as ideas dos demáis aínda que non as compartamos.

     Respecto e empatía cara as vítimas de calquera tipo de violencia.

     As iconas da paz no mundo.

En moitas actividades están sinalados os criterios de avaliación, instrumentos e incluso rúbricas creadas ah hoc.

Neste apartado algunha suxestión de como realizar unha avaliación global da secuencia:

- No caderno de traballo:

Hai dous tipos de actividades:

a) Unhas son interactivas que se poden avaliar de xeito inmediato e teñen o propósito de servir de motivación e relacionar conceptos traballados. Clicando no botón de informes do menú superior podedes ver a calificación de este grupo de actividades;

Detalle do botón de informes
Xosé Antón Vicente. Detalle do botón de informes (CC BY-NC-SA)

b) Outras son propostas de traballo colaborativo ou cooperativo e se avaliarín coa rúbrica do traballo grupal.

- Na proposta de traballo cooperativo:

A avaliación da actividade farase en base á rúbrica:

Rúbrica para avaliar o traballo cooperativo
Xosé Antón Vicente Rodríguez. Rúbrica para avaliar o traballo grupal (CC BY-NC-SA)

- Para a avaliación da webquest propoñemos esta outra rúbrica:

Para avaliar o traballo, fixarémonos nos seguintes aspectos:

  •   Utilización dos recursos da rede.
  •   Exposición clara das ideas que se queren comunicar.
  •   Utilización correcta da lingua galega.
  •   Viabilidade e importancia das dez decisión tomadas.
  •   Funcionamento e relación entre os catro membros do grupo.
  •   Composición e estética da infografía creada.

Rúbrica:

Nome do mestre/a:  ­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­____________________________________
 

Nome do alumno/a:     ________________________________________

  CATEGORIA

4 puntos

3 puntos

2 puntos

1 punto

Contido e precisión

Toda a información da infografía  é axeitada.

99-90% da información na infografía é axeitada.

89-80% da información na infografía é axeitada.

Menos do 80% da información na infografía é axeitada.

Escritura-Gramática

Non hai erros gramaticais no texto da infografía.

Non hai erros gramaticais no texto da infografía despois da revisión por parte do mestre.

Hai 1-2 erros gramaticais no texto da infografía aínda despois da revisión por parte do mestre.

Hai 3 ou máis erros gramaticais no texto da infografía aínda despois da revisión por parte do mestre

Coñecemento gañado

Todos os alumnos do grupo poden argumentar as dez decisións tomadas na infografía e o proceso técnico usado para crealo.

Todos os alumnos do grupo poden argumentar a maioría das dez decisións tomadas na infografía e o proceso técnico usado para crealo.

Só algúns alumnos do grupo poden argumentar as dez decisións tomadas na infografía e o proceso técnico usado para crealo.

Varios alumnos do grupo parecen ter pouco coñecemento sobre a información e procesos técnicos usados na infografía.

Gráficos

Os gráficos van ben co texto e hai unha boa combinación de texto e gráficos.

Os gráficos van ben co texto, pero hai moitos que se desvían do mesmo.

Os gráficos van ben co título, pero hai moi poucos e a infografía parece ter un "texto pesado" para ler.

Os gráficos non van co texto, e aparentan ter sido escollidos sen ningún orden.

Atractivo

A infografía é excepcionalmente atractiva en termos de deseño, distribución e orden.

A infografía é atractiva en termos de deseño, distribución e orden.

A infografía é relativamente atractiva aínda que pode estar un pouco desordenado.

A infografía é bastante desordenada ou está moi mal deseñada. Non é nada atractiva.

Uso do tempo de clase

Usou ben o tempo durante cada periodo de clase. Puxo énfase en realizar o traballo e nunca fixo perder o tempo a outros.

Usou ben o tempo durante cada periodo de clase. En xeral, puxo énfase en realizar o traballo e nunca fixo perder o tempo a outros.

 Houbo certo énfase en realizar o traballo, pero ocasionalmente distraía a outros.

Non usou o tempo de clase para realizar o traballo ou distraía con frecuencia a outros.

 Esta rúbrica está inspirada libremente na ferramenta web Rubistar.

- A actividade de ampliación e motivación (xogo de preguntas e respostas)

Avalíase de forma inmediata pois o xogo é de tipo individual e remata cando o alumno contesta todas as preguntas que se lle formulan e resposta o número suficiente como para que a mecha chegue ao final. Lembrar que as preguntas son aleatorias da base de datos e o sistema non repite preguntas. Das catro opcións de resposta só unha delas é correcta, Hai un marcador que nos indica o progreso do xogo.

Captura do xogo "Vai estalar a paz" para un xogador
Xosé Antón Vicente Rodríguez. Captura do xogo "Vai estalar a paz" (CC BY-NC-SA)