Saltar navegación

2.- Glosario

GLOSARIO (ver/ocultar todas as palabras)

A - D

Apartheid: Sistema político e social desenvolto na República de Sudáfrica e outros estados sudafricanos, baseado na segregación ou separación da poboación por motivos raciais ou étnicos e no trato discriminatorio cara a poboación negra.

Aporofobia: Rechazo, odio e hostilidade cara persoas pobres ou con moi poucos recursos que se atopan en situación de desamparo.

Bullying: Acoso físico ou psicolóxico ao que someten, de forma continuada, a un alumno ou alumna os sus compañeros ou compañeiras.

Consenso: Concordancia xeral ou nun punto específico entre as opinións, intereses, xuízos, desexos etc., de dúas ou máis persoas

Convivencia: Coexistencia pacífica e harmoniosa de grupos humanos nun mesmo espazo.

Diálogo: Discusión ou trato para chegar a un acordo.

Dignidade: Seriedade, decoro e nobreza na maneira de ser e de comportarse.

E - H

Empatía: Identificación afectiva cos sentimentos ou estado de ánimo doutra persoa.

Ética: Ciencia que trata dos costumes e da moral e que tenta establecer os límites entre o ben e o mal no comportamento humano.

Fobia social: Medo a ser xulgado ou xulgada negativamente.

Homofobia: Rexeitamento cara á homosexualidade ou os homosexuais.

I - L

Intolerancia: Calidade ou actitude do que non respecta e trata de reprimir as opinións e actitudes dos demais cando non coinciden coas súas.

Kiva (Método):  Programa anti-bullying finlandés que consiste en evitar o acoso escolar en dous ámbitos: o preventivo e o de intervención

Liberdade: Dereito e posibilidade de poder actuar unha persoa segundo os propios criterios e de decidir por ela mesma aquilo que lle atinxe, sen estar sometida ás imposicións doutros.

M - O

Mediar: Intervir entre dúas ou máis persoas para que algo se solucione.

Moral: Que se refire ás regras de conduta e aos costumes que se consideran bos e que son admitidos e practicados por unha sociedade.

Negociar: Discutir as condicións nas que se ha realizar un asunto.

ONG (Sigla de Organización non Gobernamental): Institución sen ánimo de lucro que non depende do governo e realiza actividades de interese social.

P - T

Paz: Ausencia de loita armada, exterior e interior, nun pobo, nación ou estado.

Racismo: Teoría que sostén a superioridade dunha raza e o seu dereito a dominar as outras razas.

Refuxiado, Refuxiada: Persoa que se viu obrigada a abandonar o seu país por causas políticas, unha guerra, unha catástrofe etc

Resiliencia: Capacidade que teñen as persoas para enfrontar e superar as adversidades da vida, así como, para aprender delas evitando que inflúan dun xeito negativo. 

Respecto: Actitude ou sentimento que fai que sexa tratada con consideración unha persoa ou cousa.

Segregación racial:  Consiste na separación de diferentes grupos raciais na vida diaria (nun restaurante, cine, colexio...). Pode estar dictada pola Lei ou como norma social.

Solidariedade: Axuda ou apoio que, por un sentimento de obriga moral, se lle presta a quen o necesita.

Supremacismo: A supremacía branca ou supremacismo branco é unha ideoloxía que sostén que a raza branca é superior a outras razas. Este termo úsase para describir unha ideoloxía política que promove o dominio social e político dos brancos. 

Tolerancia: Calidade de quen respecta as opinións e actitudes dos demais aínda que non coincidan coas súas.

U - Z

Violencia: Maneira de actuar na que se fai uso da forza física ou da intimidación moral contra algo ou alguén.

Xenofobia: Hostilidade cara aos estranxeiros e cara a todo o que vén do estranxeiro.