Saltar navegación

4.- Webquest: "A patrulla da convivencia"

Banner da webquest "A patrulla da convivencia"

Webquest "A patrulla da convivencia"

Introducción


Nos últimos tempos estamos observando no centro serios problemas de convivencia:

- Nos recreos hai nenos ou nenas que pelexan.

- Hai insultos.

- Houbo algún caso de bulling.

- Pintadas nas portas, mesas e paredes.

- Faltas de respecto ao profesorado...

Que está pasando?, cal é a causa?, podemos facer algo para solucionalo?...

Tarefa


Formaremos as "Patrullas da convivencia" na clase e na que teremos que realizar diferentes accións que culminarán no deseño dunha CAMPAÑA PUBLICITARIA cun decálogo de medidas a tomar para mellorar o clima na aula e no centro.

As accións previas á campaña publicitaria:
A cada grupo se lle asignará un espazo onde deberán observar accións en contra dunha convivencia pacífica (no patio de recreo, na clase, no ximnasio, no comedor escolar...

A CAMPAÑA PUBLICITARIA constará de :

- Unha infografía en formato dixital coas DEZ DECISIÓNS E CONSELLOS a tomar de xeito inmediato para mellorar a convivencia no noso centro.

- Pedirán permiso á dirección do colexio para poñer estas infografías en diversos espazos comúns do centro.

Proceso


Cada "patrulla" estará formada por catro membros que se repartirán estos roles:

-Coordinador/a: É quen define os obxectivos do grupo e coordina a toma de decisións. Tamén chamado líder ou responsable. Transmite seguridade, confianza e cohesión ao grupo.
- Investigador/a: O estudio das fontes son a súa principal fortaleza: estudos, análises,..., etc. Parte da súa función é extraer información que aplicará ao proceso actual. Soe ser un bo comunicador e un excelente analista das situacións.
- Creativo/a: persona chea de ideas e é quen de aportar suxestións e opinións. É imaxinativo, innovador e curioso.
- Deseñador/a: é o encargado de plasmar o decálogo na infografía.

Cada un exercerá o seu rol pero todas as propostas serán debatidas internamente entre os catro membros do grupo para poder elixir as dez mellores propostas ou consellos para mellorar o clima de convivencia no centro.


Recursos

Servizos web para realizar infografías:

Avaliación

Para avaliar o traballo, fixarémonos nos seguintes aspectos:

  •   Utilización dos recursos da rede.
  •   Exposición clara das ideas que se queren comunicar.
  •   Utilización correcta da lingua galega.
  •   Viabilidade e importancia das dez decisión tomadas.
  •   Funcionamento e relación entre os catro membros do grupo.
  •   Composición e estética da infografía creada.

Rúbrica:

Nome do mestre/a:  ­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­­____________________________________
 

Nome do alumno/a:     ________________________________________

 

 

CATEGORIA

4 puntos

3 puntos

2 puntos

1 punto

Contido e precisión

Toda a información da infografía  é axeitada.

99-90% da información na infografía é axeitada.

89-80% da información na infografía é axeitada.

Menos do 80% da información na infografía é axeitada.

Escritura-Gramática

Non hai erros gramaticais no texto da infografía.

Non hai erros gramaticais no texto da infografía despois da revisión por parte do mestre.

Hai 1-2 erros gramaticais no texto da infografía aínda despois da revisión por parte do mestre.

Hai 3 ou máis erros gramaticais no texto da infografía aínda despois da revisión por parte do mestre

Coñecemento gañado

Todos os alumnos do grupo poden argumentar as dez decisións tomadas na infografía e o proceso técnico usado para crealo.

Todos os alumnos do grupo poden argumentar a maioría das dez decisións tomadas na infografía e o proceso técnico usado para crealo.

Só algúns alumnos do grupo poden argumentar as dez decisións tomadas na infografía e o proceso técnico usado para crealo.

Varios alumnos do grupo parecen ter pouco coñecemento sobre a información e procesos técnicos usados na infografía.

Gráficos

Os gráficos van ben co texto e hai unha boa combinación de texto e gráficos.

Os gráficos van ben co texto, pero hai moitos que se desvían do mesmo.

Os gráficos van ben co título, pero hai moi poucos e a infografía parece ter un "texto pesado" para ler.

Os gráficos non van co texto, e aparentan ter sido escollidos sen ningún orden.

Atractivo

A infografía é excepcionalmente atractiva en termos de deseño, distribución e orden.

A infografía é atractiva en termos de deseño, distribución e orden.

A infografía é relativamente atractiva aínda que pode estar un pouco desordenado.

A infografía é bastante desordenada ou está moi mal deseñada. Non é nada atractiva.

Uso do tempo de clase

Usou ben o tempo durante cada periodo de clase. Puxo énfase en realizar o traballo e nunca fixo perder o tempo a outros.

Usou ben o tempo durante cada periodo de clase. En xeral, puxo énfase en realizar o traballo e nunca fixo perder o tempo a outros.

 Houbo certo énfase en realizar o traballo, pero ocasionalmente distraía a outros.

Non usou o tempo de clase para realizar o traballo ou distraía con frecuencia a outros.

 Esta rúbrica está inspirada libremente na ferramenta web Rubistar.

 

Conclusións


  • As normas son esenciais para crear un clima de convivencia positivo.
  • Todas as persoas somos diferentes e valiosas.
  • Os conflitos son unha parte natural da vida.
  • A violencia non é un instrumento válido para solucionar problemas.
  • É fundamental promover a vontade de resolver conflictos. Sen vontade non hai solución posible.
  • Se unha persoa está demasiado afectada ou fóra de control non é bo momento para iniciar a mediación. Debemos esperar a que se calme.