Traballando con Frida

Aquí tes un texto sobre a vida de Frida Kahlo. Leo atentamente e contesta as preguntas.

Ocultar

Frida Kahlo nace o 6 de xullo de 1907 en Coyoacán, unha zona da Cidade de México. O seu nome completo era Magdalena Carmen Frida Kahlo Calderón. O seu pai era Guillermo Kahlo, un fotógrafo de orixe húngara e a súa nai era Matilde Calderón, mexicana descendente de indíxenas americanos e de españois. Frida pasa a súa infancia na casa familiar de Coyoacán, coñecida como

A Casa Azul, porque tiña as paredes azuis. Na actualidade, esta casa é un museo. Dous trazos físicos moi peculiares de Frida Kahlo son as súas cellas grosas e os seus grandes ollos negros.

En 1925 ten un accidente de tráfico cando viaxaba nun autobús. Nese accidente dánase os ósos, especialmente a columna vertebral. Despois do accidente empeza a pintar.

En 1929 casa co pintor de murais Diego Rivera. Divórcianse máis tarde e casan de novo, por segunda vez. Diego pinta moitas veces á súa muller co vestido tradicional mexicano. Frida viaxou a París, Francia, e varias veces aos Estados Unidos.

Durante a súa vida pinta decenas de autorretratos. Tamén pinta paisaxes e retratos de personaxes importantes da súa época. Moitos dos seus cadros reflicten acontecementos da súa vida. A súa pintura ten moito colorido. Unha importante inspiración para Frida foi a pintura tradicional mexicana. A obra de Frida ten tamén trazos do surrealismo pero, sobre todo, é moi orixinal.

A saúde de Frida Kahlo era moi débil. Morre en 1954.

Preguntas:

Ocultar

a. Cando nace Frida? Cando morre? Cantos anos vive?

b. Cando empeza a pintar?

c. Cal era a profesión do seu marido?

d. Como era a saúde de Frida?

e. En que parágrafo do texto atopas información sobre a pintura de Frida? Que tipo de cadros pintaba Frida?

Relaciona

Ocultar

Relaciona os seguintes acontecementos da vida de Frida Kahlo coas pinturas que mostramos na Galería de Imáxenes:

1. No ano 1925 sofre un grave accidente de autobús que vai a marcar toda a súa vida e carreira artística.

2. Coñece ao pintor mexicano Diego Rivera e se casan no ano 1929.

3. Acostumaba a autorretrarse coas súas mascotas.

4. Os seus rasgos físicos máis peculiares e recoñecibles son as cejas grosas e os seus grandes ollos escuros.