As artistas das Primeiras Vangardas
Remedios Varo
Remedios Varo
Remedios Varo
. Remedios Varo nace en Xirona en 1908 e morre en México en 1963. En 1927 márchase a Madrid para estudar pintura na Academia de San Fernando, e en 1937, durante a Guerra Civil, a París onde se relaciona co círculo de artistas surrealistas.
Durante a II Guerra Mundial viaxa a México onde é considerada unha gran figura da arte nacional e onde permanecería até a súa morte en 1963. Aínda que a súa pintura evoluciona a partir de 1935 cara a formulacións surrealistas, mantén un estilo propio no que reflicte un mundo armónico e plácido. A súa obra pictórica retrata unha natureza fantástica, poética e miniaturista.
♣ No seguinte enlace podemos visualizar un documental da RTVE sobre a vida e a obra desta artista española do surrealismo pictórico:
Imprescindibles, Remedio Varo https://www.youtube.com/watch?v=ppiV4JHyOto
Biografía sobre Remedios Varo
Proposta de actividades:
1. Consultar na web información sobre a vida de Remedios Varo e elabora unha biografía sobre a artista. semellante a de Leonora Carrington.
2. Visualiza tamén o seguinte documental sobre e obra da artista.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Attribution Non-comercial Sen obra derivada 4.0