Saltar navegación

Mildred Dresselhaus

MILDRED DRESSELHAUS

A RAÍÑA DO CARBONO (Polonia 1930- EEUU 2017)

Primeira catedrática do MIT, foi coñecida como a raíña do carbono polas súas investigacións sobre as propiedades fundamentais deste elemento. Foi a primeira muller catedrática do Massachussetts Institute of Technology (MIT) en 1968 e tamén foi a primeira catedrática emérita de Física e Enxeñería eléctrica da institución.

Tivo numerosos premios. Os seus estudos sentaron as bases para dúas investigacións galardoadas con premios Nobel (sobre fulerenos en 1996 e nanotubos de carbón en 2010).

Iniciou a súa carreira científica investigando a supercondutividade pero abandonou ese campo para centrarse no carbono.

Compatibilizou a carreira coa crianza de catro fillos.

De orixe moi humilde, filla de inmigrantes polacos en Estados Unidos, creceu no conflitivo Bronx e estudiou con becas. Xa de nova destacou nas ciencias.

A Premio Nobel de Física nuclear Rosalyn Yalow converteuse na súa mentora e foi unha presenza constante na vida de Mildred Dresselhaus. Estudiou física na Universidade de Chicago, con outro premio Nobel, Enrico Fermi. En 1995 iniciou as súas investigacións sobre as propiedades das microondas dun supercondutor nun campo magnético e en 1958 defendeu a súa tese doutoral neste ámbito.

En 1960 cambiou o seu campo de investigación cara o carbono. Durante os seus sete anos de investigación no laboratorio Lincoln do MIT estudiou a estrutura electrónica dos semimetais, o grafito e o grupo 5 de semimetais.

Nos 57 anos que traballou no MIT realizou influintes traballos en nanomateriais como o grafeno, foi a primeira persoa en sacar partido do efecto termoeléctrico a nanoescala, estudiou o grafito e fixo grandes aportacións ó coñecemento do fulereno.

ADDITIONAL INFORMATION IN ENGLISH

Her initial research in the nanoscale properties of carbon materials established a foundation for later discoveries in regards to carbon nanotubes, buckyballs and graphene. Recently, for instance, Dresselhaus was part of a team at MIT that identified a simple and scalable approach for producing large 2D sheets of graphene and other materials- a challenging limitation over the years. Discovering new dimensionality for individual materials, as in the above example, has provided answers to scientific mysteries, while laying the groundwork for extending the applications of such materials.

Wikimedia commons. United States Department of Energy. Public domain.