Saltar navegación

Ciclo do carbono

O CICLO DO CARBONO

O carbono está disolto en auga mariña en forma de dióxido de carbono, bicarbonatos e carbonatos, en proporcións que manteñen un determinado equilibrio. Da atmosfera absórbese CO2, e os ríos aportan ións de calcio e bicarbonatos. Ó final das reaccións parte do carbono precipita no fondo en forma de carbono orgánico fotosintético ou de carbono inorgánico contido na caliza (CaCO3) das cunchas de formaníferos e cocolitóforos especialmente.

Á  atmosfera pasa o osíxeno non consumido na respiración e tamén parte do CO2.

Como resultado das reaccións químicas e os intercambios o mar en conxunto resulta ó longo un absorbente de CO2 atmosférico e un emisor de osíxeno, ainda que existen rexións de forte afloramento de augas nas que o mar se desgasifica i emite máis CO2 do que absorbe.

Mediante a fotosíntese as plantas tamén absorben o dióxido de carbono existente na auga e o acumulan nos tecidos en forma de graxas, proteínas e hidratos de carbono. Posteriormente os animais herbívoros aliméntanse destes vexetais, dos que obteñen enerxía para despois transferila ós carnívoros que se alimentan deles.

Dita enerxía segue varios camiños:

Por unha banda devólvese á atmosfera en forma de CO2 na respiración.

Por outra banda derívase ó medio acuático para producir carbonatos e bicarbonatos.

A súa acumulación nas zonas húmidas (pantanos, ciénagas...) xera turba, resultado dunha descomposición incompleta, o que da lugar á formación de depósitos de combustibles fósiles como petróleo, carbón e gas natural.

O ciclo do carbono queda completado grazas ós organismos descompoñedores, os cales mineralizan e descompoñen os restos orgánicos, cadáveres , excrementos... Ademais da actividade que levan a cabo os reinos vexetal e animal no ciclo do carbono, tamén entra dentro deste o carbono liberado mediante a putrefacción e combustión.

Wikipedia. Public domain.

Escolla múltiple

Pregunta

Como se almacena o carbono no océano?

Respostas

a) Como glicosa

b) Como carbonatos

c) Como madeira

Retroalimentación

Pregunta

Na respiración se desprende:

Respostas

a) Osíxeno

b) CO2

c) Argón

Retroalimentación

Pregunta

O ciclo do carbono se completa con:

Respostas

a) Organismos autótrofos

b) Organismos descompoñedores

c) Os carnívoros

Retroalimentación