Saltar navegación

Importancia Carbono

IMPORTANCIA DO CARBONO

O carbono non é o elemento máis abundante do Universo (é o hidróxeno), nin da Terra (son osíxeno e silicio), nin tan sequera o máis abundante nos seres vivos (gaña de novo o osíxeno, porque temos moita auga). O que fai ó carbono diferente é que ten unha alta "sociabilidade". Ten unha gran capacidade para enlazarse con outros átomos, especialmente con outros carbonos, e formar cadeas carbonadas que son o esqueleto de multitude de moléculas. A vida soubo sacar proveito desta capacidade e usar estes andamiaxes de carbono como armazóns moleculares para evolucionar cara organismos cada vez máis complexos. É pouco probable que exista vida baseada noutros elementos, como o silicio, xa que teñen unha versatilidade moi inferior á do carbono.

Public domain vectors. CC 0

O carbono ten tres isótopos naturais  interesantes:

Carbono-12 (98,9%). É moi estable.

Carbono-13 (1.1%). Se pode empregar en Resonancia Magnética Nuclear para determinar a estructura dunha molécula.

Carbono-14 (10-10%). É moi escaso pero radiactivo, polo que se emprega en datación en Arqueoloxía.

Pregunta Verdadeira ou Falsa

Indica se as seguintes afirmacións son verdeiras ou falsas.

Pregunta 1

O carbono é o elemento químico que pode dar lugar a maior variedade de estruturas.

Pregunta 2

É probable que noutras partes do Universo haxa vida baseada en outros elementos.

Pregunta 3

Co carbono-13 pódense datar restos arqueolóxicos.