Saltar navegación

Porcentaxes

1.-Calcula mentalmente:

 

O 10% de 400=

O 20% de 1000=

O 25% de 800=

O 17% de 1000=

O 50% de 30=

O 75% de 400=

O 50% de 45=

O 12% de 10000=

O 30% de 10=

O 6% de 10000=

O 8% de 500=

O 0,7% de 1000=

O 13% de 1000=

O 10% de 568=

O 5% de 900=

2. Que porcentaxe expresan as fracións seguintes?

  1. 1/2
  2. 1/50
  3. 1/4
  4. 3/4
  5. 1/5
  6. 4/5
  7. 1/10
  8. 7/10

3.-Escribe unha frase que exprese o mesmo pero con porcentaxes:

 a)“9 de cada 10 dentistas entrevistados optaron por unha goma de mascar sen azucre”

b)“As  dúas quintas partes dos alumnos dun  centro son rapazas”

c)“De 1000 persoas enquisadas, 400 prefiren o pan integral”

d)“De cada catro habitantes do mundo, un vive en China”

4. Anxo comprou unha camiseta que estaba rebaixada un 25% e pagou por ela 15 €  Cal era o seu prezo orixinal?

5. Nunha tenda lemos o seguinte anuncio.: “ Ordenador por 600 € + IVE” , se o IVE é dun 16% .Cal é o prezo do ordenador?

 

6. Un cámping recibiu 10500 campistas durante o mes de xullo e 12285 en agosto. Cal é o incremento porcentual de campistas de xullo a agosto?

7. O valor da compra do supermercado é de  85 € IVA incluído. Sabendo que o IVA aplicable á  alimentación é do 7%  Canto valería sen o IVA?

8. Unha pelota de fútbol costa 57,62 €. Como che parece un pouco cara, esperas a que cheguen as rebaixas e entón pagas 50,71 Euros. Que tanto por cento de desconto che fixeron?

9. Un encoro tiña no mes pasado 250 hm3 de auga, pero nas últimas choivas aumentaron as reservas nun 8%. Cales son as reservas actuais do encoro?

10. Xan debe devolver hoxe o 15% dunha débeda de 1950 €. Cal é a cantidade que ten que devolver?

11. O 48% dos 650 alumnos e alumnas que ten un instituto son homes. Cal á a porcentaxe de alumnas? Cantas alumnas hai?

12. A dona dunha mercería decide aumentar nun 15% o prezo de todos os seus artigos. A como debe poñer un carrete de fío que custaba 1’44 €?

13. Un produto, que custaba 100 €, subiu un 12% e, aos quince días, ante a falta de demanda, o comerciante rebaixouno un 12%. Cando era máis barato, antes de subilo ou despois de baixalo?

14. Un abrigo custa 280 € tras sufrir unha subida do 12% Canto custaba antes?

BY-NC-SA