Tarea ABP. Instrumentos e culturas do mundo.
- Duración:
- 3 h.
- Agrupamiento:
- Grupos de 2 ou 3
Actividade 1.
1. Investigade sobre os tipos de frautas de diferentes países e culturas.
2. Escollede a frauta que máis vos chame a atención.
3. Facede un mapa conceptual ou esquema identificando os elementos da frauta que definen a súa cultura.
4. Reflexionade e imaxinade como é a xente desa cultura, que come?, onde vive?, como é o contexto onde vive?, cales son os seus oficios?...
Actividade 2.
1. Identificade os elementos da vosa rexión que definen a vosa cultura.
2. Decorade unha frauta con elementos decorativos que mellor definan a vosa cultura.
Actividade 3.
Expoñede ao resto do grupo o voso traballo.
Todos xuntos podedes facer un mural ou un mapa mundi xigante para expoñer todos os vosos traballos.
Recorda nomear e utilizar diferentes fontes para a túa investigación. Podes utilizar a biblioteca do centro, internet ou entrevistar a alguén.
Podedes grabar en vídeo as vosas exposicións e colgalas na web da escola.