Saltar la navegación

1. Comezamos.

A frauta de pico é un dos instrumentos máis antigos da humanidade.

Poderíamos afirmar que tódalas culturas de tódolos tempos deseñaron as súas propias frautas.

Aínda que similares, cada unha ten as súas características propias.

Na seguinte imaxe podes ver unha mostra de frautas de diferentes continentes.

frautas do mundo

A frauta occidental, que utilizaremos nós, distínguese por unha estructura e afinación propia.

A súa construcción é estándar e está normalizada pero poderás atopar frautas moi diferentes. Non todas son as máis axeitadas para tocar na escola.

Nesta imaxe podes ver tres tipos de frautas occidentais.

frautas rectificadas

Que frauta debo elexir?

O primeiro que debes ter en conta para mercar unha, é que sigas as recomendacións do teu profesor ou profesora de música. Será a persoa adecuada para indicarche que instrumento precisas para a clase de educación musical na escola. 

A frauta de pico é un instrumento sinxelo e nobre coma calquera outro. Pódese estudiar de xeito profesional nos conservatorios. Utilízase comunmente nas escolas como ferramenta para a introducción á práctica instrumental. 

Para elexir a túa frauta debes valorar o uso que lle vas a dar, podes mercar un instrumento sinxelo para aprender as primeiras melodías na escola ou mercar un instrumento máis profesional. É necesario resaltar que para tocar música antiga necesitarás unha frauta específica.

As mellores frautas son fabricadas artesanalmente por expertos luthieres. Tamén existen frautas feitas de xeito mecanizado por numerosas marcas comerciales coma Alder, Mollenhauer, Aulos ou Yamaha. En Galiza, seguramente a máis fácil de atopar coa mellor relación calidade/precio, sexan os modelos fabricados por Hohner.

As nosas recomendacións son que acades un instrumento barato, duradeiro, fácil de atopar e de interpretar; coa mellor calidade de son e afinación posible.

Unha opción válida sería unha frauta de pico Hohner soprano, de plástico, fixa, afinada a 440hz e con dixitación alemana. Estas frautas teñen un coste aproximado de 8 euros. Pódense atopar en calquera tenda de música ou librería escolar.

Recoméndovos que non merquedes unha frauta nun bazar. A súa procedencia é dudosa e podería non estar testeada profesionalmente, moi probablemente non afine correctamente.