Saltar la navegación

Materiais

As frautas poden estar fabricadas en múltiples materiais: óso, madeira, metal, crista, plástico...

As frautas de pico que atopamos nas tendas adoitan estar feitas de plástico ou de madeira, ou unha combinación dos dous materiais.

Frautas de madeira.

frautas de madeira

As frautas de madeira teñen un mellor son pero por contra son moito máis caras e requiren de máis coidados. Existen frautas construidas con variados tipos de madeiras. Canto máis dura sexa a madeira, mellor son producirá.

Frautas de plástico.

frautas plastico

As frautas de plástico son máis baratas, non precisan de tantos coidados e a súa limpeza é moito máis sinxela. Posiblemente sexan as máis axeitadas para o día a día da escola.

Frautas de metal.

frauta metal

Nas tendas tamén atoparás este tipo de frautas, chámanse english flageolets ou whistles.  

Son frautas construidas para a interpretación de música tradicional inglesa, e non teñen as mesmas características que as frautas escolares.